FERROL360 | Mércores 17 xaneiro 2018 | 18:28 O Concello de Cabanas retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o patrimonio natural do municipio a veciños e visitantes. A primeira saída será o sábado 27 de xaneiro e as camiñatas terán lugar os últimos sábados de cada mes. A proposta para xaneiro contempla unha ruta de algo máis de nove quilómetros entre a casa consistorial e o Marco do Salto. Terá duración estimada de case tres horas e dará comezo ás 10.00 horas. Para participar é preciso inscribirse previamente na Concellería de Deportes, na pranta baixa da consistorial, no correo electrónico: cultura@cabanas.gal ou teléfono 981 49 59 59 ext.3. Trátase dun percorrido circular que ofrece algunhas das mellores panorámicas sobre as rías e a zona costeira ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Rutas de sendeirismo Cabanas