Home / Archivo de Etiquetas: San Sadurniño (página 90)

Archivo de Etiquetas: San Sadurniño

San Sadurniño acompaña os magostos de Naraío e Igrexafeita con representacións teatrais

FERROL360 | Xoves 31 outubro 2013 | 13:12 Coa chegada do mes de novembro, inmersos no outono, o lume quenta e acompaña á degustación de castañas nos tradicionais magostos. Coincidindo coa ponte festiva desta fin de semana, San Sadurniño afonda nesta tradición e programa dúas festas, en Naraío e Igrexafeita, que terán como complemento perfecto outras tantas representacións teatrais. No caso de Naraío, Fran Rei fará posible A historia de Brancaflor, unha función dirixida ao público infantil e da que poderán gozar os máis pequenos dende as 18:30 horas. Pero haberá máis propostas. Así, ás 17:00 horas, os nenos poderán participar nun concurso de caveiras organizado pola asociación veciñal O Castelo. Coas súas creacións farán posible unha procesión pola parroquia, que dará comezo ás 19:30 horas xunto a gaiteiros da ...

Leer más »

‘Noites na Capela’ pecha o mes de outubro coa actuación de Balakandra

FERROL360 | Xoves 31 outubro 2013 | 11:31 Andan a xirar o seu disco por toda Galicia e xa son poucos os recunchos que lles quedan por visitar. Están dando a coñecer o seu primeiro álbum, que recibe o mesmo nome que a banda, e este xoves fan unha parada en Ferrol para actuar no Centro Cultural Torrente Ballester. Balakandra é un grupo que naceu en San Sadurniño no ano 2004, creado no seo do mítico Saraibas. Eles son Martín Sanjurjo (guitarra, dobro, mandolina e voz); Amparo Calvo (percusións e voz), Abel Leonardo (guitarras acústica e eléctrica), Rubén Lamas (baixo); Manuel Dopico (voz, guitarras acústica e clásica); Alejandro Rey (batería e percusións). Un conxunto heteroxéneo, formado por xeracións diferentes pero con algo en común: ofrecer música galega de calidade con ...

Leer más »

Profesionais dos Servizos Sociais de San Sadurniño denuncian o «desmantelamento» do servizo cunha concentración

FERROL360 | Luns 28 octubre 2013 | 17:28 Os profesionais dos Servizos Sociais do Concello de San Sadurniño chaman á mobilización para «manifestar a nosa repulsa» polo «desmantelamento do actual sistema de servizos sociais». A concentración terá lugar o mércores día 30 de outubro ás 12:00 horas, na Praza do Concello de San Sadurniño. Dende a organización queren formar unha «marea laranxa», polo que piden ás persoas que vaian asistir que leven unha prenda desa cor ou mesmo globos, xa que a cor laranxa simbolizará a protesta. A iniciativa xurdíu dos profesionais dos Servizos Sociais de dez concellos da comarca das Mariñas, co obxectivo de «tentar visibilizar pobo a pobo, vila a vila, a perda que esta nova situación competencial suporá para a nosa xente». Para conseguilo, o 16 de ...

Leer más »

Localizan en San Sadurniño a dos jóvenes con 200 dosis de heroína en un vehículo

FERROL360 | Lunes 28 octubre 2013 | 14:42 Agentes de la Guardia Civil de Ferrol sorprendieron este domingo en un control a dos jóvenes con cerca de 200 dosis de heroína. Los detenidos fueron localizados al mediodía cuando viajaban en un vehículo por la autovía Ferrol-Vilalba, a su paso por San Sadurniño. El Instituto Armado informó que los individuos son vecinos de O Barco de Valdeorras. Fueron puestos a disposición del Juzgado de Instrucción número 1 de Ferrol en la mañana de este lunes. Se les imputa un delito contra la salud pública por tráfico de drogas.

Leer más »

O Mercado Local Xusto de San Sadurniño celebra unha nova edición este domingo

FERROL360 | Venres 25 outubro 2013 | 14:11 O Concello de San Sadurniño ultima os detalles para a celebración dunha nova edición do Mercado Local Xusto. Unha aposta que malia ser relativamente nova –a primeira tivo lugar no mes de xuño- vai gañando en popularidade. A finalidade está ben clara. Dende o Concello sinalan que o que se pretende é «dinamizar o rural, favorecer a venda de produtos de proximidade, potenciar a compra local e poñer en valor o intercambio de bens entre pequenas comunidades». Trátase, en definitiva, de fuxir por un día das grandes superficies e acadar un beneficio mutuo para o vendedor e o cliente evitando a figura dos intermediarios mercando artigos de confianza, boa calidade e produtos de temporada. O resultado do mercado anterior foi un éxito. Se ...

Leer más »

San Sadurniño afrontará o copago de medicamentos para enfermos crónicos

FERROL360 | Luns 21 outubro 2013 | 12:58 Os veciños de San Sadurniño que precisen medicación por sufrir algunha doenza crónica non terán que pagar os fármacos sobre os que o Goberno central implantou recentemente un copago sanitario. O Concello asumirá con fondos propios o custo de medicamentos para tratar distintos tipos de cancro, tumores cerebrais, artrite reumatoide ou hepatite C crónica, entre outros. Segundo recollía o BOE o pasado 19 de setembro, os usuarios de tratamentos como o Afinitor, Tyverb, Votrient ou Temodal, deberán pagar o 10 % do custo do fármaco, non superando os 4,20 euros por medicamento. Esta é a cantidade que o Concello de San Sadurniño decide afrontar para que a calidade de vida dos cidadáns non dependa do seu poder adquisitivo. Tal e como informaba ...

Leer más »

La Xunta destinará 917.000 euros a la mejora de dotaciones rurales en el área de Ferrol

FERROL360 | Sábado 5 octubre 2013 | 12:37 La Consellería de Medio Rural e do Mar destinará 917.536 euros a obras de mejora de dotaciones rurales en las comarcas de Ferrolterra, Eume y Ortegal. Según ha informado este sábado la Xunta de Galicia, las ayudas se aplican con cargo al Plan de Mellora de Camiños de Agader, la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. El Gobierno gallego subraya que esta línea económica busca «impulsar a modernización e reforma das vías interiores que serven para a comunicación das zonas rurais dos distintos concellos». En un comunicado, la delegada territorial en A Coruña, Belén do Campo, añade que al distribuir los presupuestos se tuvieron en cuenta criterios como la población, la superficie de los municipios o el envejecimiento en el entorno. La administración ...

Leer más »

San Sadurniño vivirá este sábado a V Xornada de Cultura Popular Galega

ARY LÓPEZ | Venres 27 de setembro 2013 | 19:13 A Casa da Cultura de San Sadurniño cumprirá este sábado a función de arquivo visual e sonoro e será testemuña unha vez máis, da riqueza popular da nosa comarca. Un tesouro de antigas fotografías de grupos tradicionais, un intercambio de coñecementos entre artistas galegos e o goce das interpretacións musicais do país agardan por nós na quinta edición da Xornada de Cultura Popular Galega. A temática principal céntrase este ano na importancia da voz na música popular. O obxectivo desta cita coincide co da entidade organizadora. A Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro loita por revalorizar a cultura popular galega e promocionar os grupos de música tradicional noveis da comarca de Ferrolterra. As actividades da V Xornada de Cultura ...

Leer más »

San Sadurniño rexeita o proxecto de lei da reforma local proposta polo Goberno central

FERROL360 | Venres 20 setembro 2013 | 13:26 O Goberno central traballa nunha lei de racionalización e sostemento para a administración local. A norma que está a ser tramitada nas Cortes supón unha reestruturación completa do sistema municipal actual. A pretensión do Goberno é acadar un aforro duns 7.129 millóns de euros no período 2013-2015, entre outras cousas, reordenando mancomunidades e entidades locais menores, eliminando duplicidades ou redistribuíndo competencias. Sen embargo, algúns concellos do Estado non están de todo conformes con esta normativa. Algunhas das ameazas que anticipan son a perda de determinados servizos públicos e a redución da marxe de manobra dos municipios a favor das deputacións. A Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) e o seu organismo homólogo en Galicia, a Fegamp, desaproban o feito de que ...

Leer más »

Conde asegura que el Estado planteará una propuesta de interrumpibilidad adecuada a las necesidades de Megasa

FERROL360 | Jueves 19 septiembre 2013 | 21:10 Los alcaldes de Ferrol, Narón, Ares y San Sadurniño han acompañado este jueves al comité de empresa de Megasa en su encuentro con el conselleiro de Economía e Industria. En la cita, Francisco Conde ha traslado el «total apoio» de la Xunta de Galicia a las demandas de los operarios, que ven peligrar sus puestos a corto plazo. El titular del departamento autonómico ha asegurado que el Gobierno gallego identificó desde el primer momento «as necesidades da compañía» y que trabajó al respecto con el Ministerio de Industria «na defensa dos intereses da compañía». Según Conde, la nueva propuesta de interrumpibilidad que tramita el Ejecutivo central va «na dirección do proposto pola Xunta». Así, respaldó las peticiones del colectivo, que solicita «igualdade ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies