FERROL360 | Luns 1 xullo 2013 | 16:40 A vila de San Sadurniño gozará entre este martes e o mércores da festividade na honra a Santa Isabel. Este luns, ás oito do serán, na igrexa, lerá o pregón o sacerdote Xosé Francisco Delgado, párroco de Ferrol. A continuación, actuará a rondalla Vila das Pontes. Para o martes, está previsto que desde primeira hora se realice un pasarrúas da charanga Os Campantes da Baña. Xa na sesión vermú, ás dúas da tarde e logo dos tradicionais actos relixiosos, actuará o grupo Fania Blanco Show, que repetirá pola noite na verbena, seguido da Orquestra Panamá. O mércores tamén haberá misa e procesión desde a unha da tarde. Logo será o turno para a agrupación Xente Nova, quen porá a música tanto no ...
Leer más »Gran acollida do I Mercado Local Xusto de San Sadurniño
ARY LÓPEZ | Domingo 30 xuño 2013 | 22:18 Queixos, pans, flores, plantas, froitas, sidra, verduras, legumes, libros, discos, roupa ou reliquias foron algúns dos ingredientes esenciais para a preparación do I Mercado Local Xusto, celebrado hoxe en San Sadurniño. Unha iniciativa levada a cabo polo Concello que congregou a uns oitenta comerciantes no entorno da praza da localidade, no adro do convento do Rosario e no aparcadoiro público. De nove e media da mañá a tres da tarde, os diferentes postos realizaron intercambio de produtos ecolóxicos e de excedente, artigos de segunda man e artesanía. Manolo Varela, concelleiro de Cultura, Participación veciñal e Turismo do Concello de San Sadurniño, indicou que unha das intencións deste mercado é «dinamizar o rural, favorecer a venda de produtos de proximidade, potenciando a ...
Leer más »San Sadurniño celebrará mañá o primeiro Mercado Local Xusto
FERROL360 | Sábado 29 xuño 2013 | 11:40 Ata 85 expositores visitarán esta actividade organizada polo Concello para vender artesanía, produtos frescos, transformados ou de segunda man. A intención de facer este intercambio entre produtores e consumidores é evitar a intermediación e, deste xeito, propiciar un prezo xusto para cada produto, beneficiando a ámbalas dúas partes. Ademais, concíbese como un xeito de potenciar e recuperar as feiras de antano, favorecendo a proximidade entre vendedor e comprador. Son 34 os postos de artesanía, 24 de venda de produtos do sector primario e 27 postos non profesionais destinados principalmente ao troco de obxectos de segunda man. De saír ben este primeiro encontro comercial poderían facerse posteriores edicións. O mercado terá lugar a partir das 9.30 da mañá na praza do Concello e ...
Leer más »Un tapón de botella: insignificante para nós, unha esperanza para Alba.
ARY LÓPEZ | Xoves 20 xuño 2013 | 21:12 Voluntarios de Aspanemi recollen tapóns de plástico para a campaña ‘Alba, La Promesa’ na nave municipal de San Sadurniño. Trátase dunha acción solidaria que pretende acadar o máximo beneficio económico para facer fronte un tratamento médico que ascende a 100.000 euros. O plástico recollido na xornada de hoxe é trasladado polo persoal do Concello á nave naronesa de Amenadás para o seu posterior envío e venda á planta de reciclaxe Reserplas no Porriño. A organización calcula que hoxe puidéronse recompilar uns trescentos kilogramos deste material. Alba é unha nena de 15 anos que sofre unha lesión cerebral dexenerativa que lle produce, entre outros síntomas, un cambio na actividade neuronal e unha inmadurez cerebral. As consecuencias da súa patoloxía derivan nun mal ...
Leer más »San Sadurniño acolle o proxecto sensibilizador de discapacidades «Ponte no meu lugar»
ARY LÓPEZ | Mércores 19 xuño | 18:51 A Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psico-Sociais (Aspaneps) en colaboración co Centro de Día municipal, desenvolveu esta mañá en San Sadurniño o proxecto «Ponte no meu lugar: iguais pero diferentes». O obxectivo desta iniciativa é fomentar a sensiblidade, a tolerancia e a solidariedade coas persoas que sofren algunha dificultade funcional. Este plan, que visita a vila por segundo ano consecutivo, desenvólvese desde o 2008 coa finalidade de acadar un maior grao de benestar social entre as persoas. Deste xeito, Aspaneps achega aos alumnos e alumnas dos centros educativos da comarca charlas, xogos e proxeccións para entender o día a día dos colectivos con algún tipo de limitación física ou intelectual. Hoxe, o intercambio de experiencias realizouse con dúas xeracións que ...
Leer más »