FERROL360 | Sábado 18 maio 2019 | 19:42 Neda quedou fora das actuacións de captación e depuración de augas das marxes norte e sur da ría que resolveron o saneamento do resto dos Concellos da ría de Ferrol. Para resolver esta demanda, o Concello de Neda e a Deputación de A Coruña asinaron un convenio de 100.000 euros para eliminar as verteduras á ría que se están a producir na zona da estación do ferrocarril debido a unha serie de deficiencias na rede. O presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, que asinaron un convenio para resolver o acondicionamento do paso sobre a vía no acceso ao Pazo da Merced así como ás obras de eliminación das verteduras. Ademais, haberá ...
Leer más »A Xunta investirá más de 733.000 na mellora do saneamento de Cedeira
FERROL360 | Luns 18 xullo 2016 | 14:49 A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Cedeira 733.650 euros, con cargo a fondos europeos, co obxectivo de mellorar o saneamento desta localidade. Así se establece no convenio de colaboración asinado pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda. As actuacións consistirán na construción dunha nova rede separativa de pluviais, deixando os colectores existentes exclusivamente para o transporte de augas fecais. Así mesmo, renovarase o tramo de colector que parte do Polígono da Xunqueira, posto que actualmente sofre filtracións e é necesario impermeabilizar os pozos de rexistro da rede. Segundo destacou Mato, este tipo de colaboracións entre a Xunta e os concellos garanten a subministración de auga ...
Leer más »Adxudicadas as obras de mellora na depuradora e na rede de colectores de Neda
FERROL360 | Mércores 29 abril 2015 | 13:52 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudica as obras para a execución de melloras no sistema de saneamento e depuración no Concello de Neda por un importe de case 390.000 euros. A encargada de levar a cabo estas actuacións é a empresa Construción Boalva, SL. O obxectivo da obra é dotar a Neda daquelas infraestruturas das que carece, fomentando así o seu desenvolvemento económico e social. O prazo de execución desta intervención é de seis meses e previsiblemente comezará na primeira quincena de xuño, polo que rematarán a finais deste ano. Este proxecto comprende a execución dos traballos necesarios para solucionar os problemas de funcionamento da estación depuradora de augas residuaise da rede de colectores do municipio. Un total de ...
Leer más »Medio Ambiente entrega ao Concello de As Pontes a estación depuradora de augas residuais
FERROL360 | Mércores 11 febreiro 2015 | 14:45 A partires de agora, o Concello de As Pontes será o responsable da explotación, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais. Así, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entrega á administración local esta instalación, que foi rematada no ano 2012; durante este tempo, a Xunta asumiu a súa explotación. Cómpre lembrar que esa actuación contou cun investimento de máis de 4 millóns de euros e foi executada por Augas de Galicia. A depuradora contribuirá a mellorar a calidade das augas do río Eume, ao tempo que mellorará o sistema de saneamento do municipio beneficiando a preto de 20.000 habitantes. En canto ás especificacións técnicas, trátase dunha depuradora biolóxica de lodos activados mediante sistema de aireación prolongada con eliminación ...
Leer más »O BNG de Ares presenta alegacións contra a aprobación da taxa de saneamento
FERROL360 | Martes 9 decembro 2014 | 12:24 O BNG de Ares non está de acordo coa aprobación dunha nova ordenanza fiscal para a prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo da EDAR do municipio. Así, os nacionalistas presentan unha alegación contra o acordo adoptado polos grupos PSOE, PP e NAL para levala a cabo. Segundo explican desde o Bloque, «este acordo suporá para as persoas que non teñen acometida de auga de uso doméstico un pago de 80,08 euros/ano, para o uso comercial 189,20 e para uso industrial 580,80». Por último, indican os nacionalistas, as persoas que teñen acometida da rede municipal de auga paragarán por consumo. O BNG considera que a taxa «non se aplica co ánimo de compensar os gastos derivados dos bombeos da rede ...
Leer más »A Deputación investirá 1,2 millóns de euros en actuacións de saneamento na estrada de Xuvia á Frouxeira
FERROL360 | Xoves 30 outubro 2014 | 22:04 O pleno da Deputación Provincial de A Coruña aprobará este venres o convenio co Concello de Narón para asumir as obras da inclusión da rede de saneamento no proxecto de ampliación da estrada entre Xuvia e A Frouxeira. Así, dáse resposta a unha vella demanda veciñal que afecta a 80 vivendas. Unha vez asinado o convenio, que supón un investimento de máis de 1,2 millóns de euros, as obras poderán comezar en canto a Deputación dispoña dos terreos necesarios. En canto á contratación, realizarase mediante procedemento aberto e de forma conxunta ós dos traballos a fin de que a súa execución se realice de xeito coordinado para optimizar custes e reducir tempos de execución. A actuación prevista pasa pola ampliación do trazado ...
Leer más »“Estamos dacordo co saneamento da ría, sempre que sexa sostible”
MARTA CORRAL | Martes 2 xullo 2013 | 09:45 A ubicación dos tanques de tormenta que constitúen a rede de saneamento da ría de Ferrol, continúa sendo un tema polémico que afecta á veciñanza. Os primeiros en protestar e mobilizarse foron os veciños de Ferrol Vello que conseguiron salvar o parque da Ranita dos tanques. Tócalle a quenda agora aos veciños do Pilar, que loitan contra o tempo para frear a construcción do tanque no parque Pablo Iglesias. Acollidos pola Asociación de Veciños do Pilar, algúns dos veciños afectados constituíron a Comisión de Medio Ambiente do Barrio do Pilar, un organismo autónomo dentro da asociación veciñal. Falamos con José María Hernández, que exerce de voceiro da Comisión. FERROL 360.- Cal é o obxectivo principal da Comisión? José María Hernández.- Non ...
Leer más »