ARY LÓPEZ | Ferrol | Sábado 12 abril 2014 | 12:43 Leva o inconformismo na lingua e a etiqueta de autenticidade no peto. É «hipersociable», moi faladora. Oponse aos prexuízos e nega os estereotipos. Non é fada nen princesa. É amante das verdades, malia que provoquen sangue. Sés é defensora da igualdade e practicante do insomnio ocasional. Camiña cos pés no chán e a testa ben alta. Constrúe verbas de flor e ás veces extrae o son da dor. A súa repercusión hoxe en día é importante. María Xosé Silvar non coñece o descanso, xa que non para de xirar o seu segundo traballo discográfico, Co xenio destrozado, que autoproduciu aínda non hai un ano. En todo este tempo continúa enchendo locais. En directo, atrapa e non solta, tecendo unha ...
Leer más »