ARY LÓPEZ | Luns 2 setembro 2013 | 14:12 O pasado sábado, coincidindo co peche das festas de Ferrol, tivo lugar no Teatro Jofre a final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega Constantino Bellón. A cita, organizada polo Ateneo Ferrolán, pretende potencia-la música de gaita, valorando o emprego de xiros e técnicas tradicionais propiamente galegas. Oito gaiteiros tiveron ocasión de interpretar unha peza inédita composta expresamente para esta edición do certame e outra peza tradicional. O mozo ourensán Pablo Devigo Vázquez, saíu vencedor desta vixésimo primeira edición recibindo un premio en metálico de 3.000 euros. Tres dos participantes chegados de Arxentina, Valencia e Donosti foron seleccionados dentro do premio Gaiteiro Soutelo que promociona a participación de Galicia no exterior. A valenciana Raquel García Martínez obtivo neste apartado ...
Leer más »