Home / Archivo de Etiquetas: SEMENTE TRASANCOS

Archivo de Etiquetas: SEMENTE TRASANCOS

Festa, xogos e música en San Mateo para despedir o curso na Semente

FERROL360 | Venres 21 xuño 2019 | 18:45 Este sábado 22 de xuño, na escola Semente Trasancos, en San Mateo (Narón) haberá unha chea de actividades para despedir o curso nun ambiente festivo baixo carpa na sexta edición da Romaría Pequeninha. Así, desde ás 13:00 horas, está programada unha sesión vermú coa música de Sr. X. Despois, xantar popular a base de gazpacho, paella e sobremesa, tamén con opción vegana. Ás 16:00 horas comezará o obradoiro de xogos populares a cargo de Xotramu, ás 17:00 horas introdución ao fútbol gaélico con Liga Gallaecia e ás 17:45 horas o momento máis agardado: as actuacións das ‘sementinhas’. A xornada rematará co concerto de punk infantil con Peter Punk e Brais das Hortas que está programado contra ás 18:00 horas.

Leer más »

Unha sesión vermú para coñecer máis ao pobo mapuche

FERROL360 | Mércores 3 abril 2019 | 20:45 Semente Trasancos organiza este sábado unha sesión vermú ambientada no pobo mapuche. Así, baixo o título Mapuchemente, misturando o nome do proxecto educativo e o deste pobo que ten unha poboación dunhas 700.000 persoas repartidas entre Chile e Arxentina, promoven unha festa chea de música, actividades para as crianzas e petiscos a prezos populares. A escola de San Mateo (Narón) albergará a sesión desde as 12:30 horas baixo carpa. A música correrá a cargo das Cuarta Xusta, desde Melide, que presentarán o seu traballo Um novo espertar. As sementiñas tamén terán protagonismo cunha pequena actuación da extra escolar Cantar e dançar todo é começar. O obxectivo da actividade, contan desde Semente, é «continuar a socializar o nosso projeto educativo e continuar a ...

Leer más »

Semente Trasancos inicia una campaña de crowfunding para abrir una escuela de primaria en Neda

FERROL360 | Miércoles 7 noviembre 2018 | 9:42 Con el claro objetivo de abrir una escuena de primaria en 2019 en la zona de O Roxal, en Neda, la entidad Semente Trasancos ha puesto en marcha una campaña de micromecenazgo con la que buscan recaudar los fondos necesarios para llevar a cabo el proyecto. La cuantía marcada para comprar el espacio en el que abrir el centro educativo es de 35.000 euros y ya han reunido 7.525 euros. Por delante, quedan 38 días para poder colaborar con esta iniciativa que contempla recompensas que van desde los cinco hasta los 900 euros. Dependiendo de la aportación económica, las personas cofinancieras del proyecto recibirán láminas de artistas, calzado de Elena Ferro, cd firmado por artistas como Sés o Caxade, filmes, suscripciones a ...

Leer más »

Semente Trasancos celebra a III edición da «Romaria Pequeninha»

FERROL360 | Sábado 28 maio 2016 | 16:22 Este domingo Semente Trasancos celebrará a III edición da «Romaria Pequeninha», unha cita que sempre garda relación coas Letras Galegas. Durante a xornada de festa haberá un xantar aberto no espazo educativo Semente Trasancos, a prensentación dun libro, sesión de contacontos e xogos circenses. Tras o almorzo, ás 17:00 horas, terá lugar a presentación do libro A Escola das Irmandades da Fala, no que se recollen diversos artigos e estudos sobre as escolas de ensino galego das Irmandades da Fala que se desenvolveron na Coruña da man de Ánxel Casal e Leandro Carré, entre outros. Ademais, no libro cóntanse outras experiencias pioneiras da educación en Galicia. A presentación contará coa presenza do dramaturgo e poeta Marcos Abalde, que cordinou a edición deste ...

Leer más »

Semente Trasancos presenta un disco de cancións tradicionais

FERRROL360 | Luns 28 decembro 2015 | 17:05 O espazo educativo Semente Trasancos lanza un disco de cancións tradicionais con cinco cantareiras da comarca. Alberte Maceiras encárgase da dirección musical e outros catro músicos completan Músicas para a Semente, un CD que está á venta a un prezo de dez euros. Unha das cantareiras e pandereiteiras, Iria García, socia de Semente Trasancos, afirma que «traballamos moito as raíces das cancións tradicionais de Galiza e Portugal, é un agasallo para todas as crianzas deste país mais é un CD para todas as idades». García comenta que os músicos tamén gozaron moito ao facelo e agradecen o gran esforzo de diferentes persoas da comarca que puxeron o seu coñecemento para que fose unha realidade. O CD é en formato libro e está ...

Leer más »

Unha educación en galego na comarca: Semente Trasancos festexa seu primeiro mes de actividade

FERROL360 | Domingo 25 outubro 2015 | 13:04 Semente Trasancos, o centro educativo en galego situado na antiga escola de San Mateo (Narón), festexa este domingo seu primeiro mes de actividade cunha festa para os pequenos e as súas familias. Con ela, queren dar as grazas ás persoas que coa súa achega fixeron posible o proxecto e fortalecer deste xeito a súa «rede social». Será a partires das 17:00 horas na súa sé, onde haberá contacontos, chocolatada con doces, xogos en familia e moitas sorpresas. Queren convidar tanto aos socios coma ás persoas que aínda non coñecen a entidade, mais comparten a inquedanza que move o centro: unha educación en galego e respectuosa coas necesidades das nenas e nenos. Ademais, animan aos participantes a levar unha saca de area para ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies