FERROL360 | Luns 17 marzo 2014 | 12:32 O Concello de San Sadurniño celebrou o pasado sábado unha sesión informativa para debater sobre a xestión dos residuos sólidos urbanos (RSU) e buscar alternativas ao modelo Sogama, imperante no 90 % dos concellos galegos. Dende as dez da mañá, a Casa da Cultura acolleu medio cento de persoas -entre as que había representantes dos concellos de As Pontes, Narón, Allariz e Rianxo- que escoitaron as prácticas que se levan a cabo en outros municipios, tanto dentro e fóra de Galicia coma no estranxeiro. O obxectivo desta charla foi estudar vías «máis eficaces, máis sustentables e máis baratas» ás que utiliza a empresa pública -Sociedade Galega do Medio Ambiente- para tratar o lixo. Dende o concello de Rivas Vaciamadrid, o xerente da ...
Leer más »San Sadurniño organiza unha charla para buscar alternativas ao tratamento de residuos de Sogama
FERROL360 | Luns 10 marzo 2014 | 14:46 Atopar vías distintas ao tratamento do lixo, procurando opcións «máis eficaces, máis sustentables e máis baratas» ao modelo Sogama, é o obxectivo dunha charla que terá lugar en San Sadurniño este sábado. Dende o consistorio sinalan que desexan estudar posibles métodos de xestión de residuos sólidos urbanos, distintos ao que actualmente leva a cabo a empresa pública. Ao acto informativo O tratamento dos RSU a debate. Un problema ou unha oportunidade? están convidados outros municipios, ademais dos catro grupos políticos con representación no Parlamento galego. Nel, queren dar resposta aos seguintes interrogantes: ¿hai outras maneiras de tratar o lixo? ¿que custe teñen? ¿son sustentables desde o punto de vista ambiental e social? ¿serían asumibles e adaptables á realidade galega?. O debate xorde ...
Leer más »