Home / Archivo de Etiquetas: Sociedade Cultural Areosa

Archivo de Etiquetas: Sociedade Cultural Areosa

Narón celebra a Festa dos Maios cunha alfombra floral, desfile e música

FERROL360 | Venres 3 maio 2019 | 9:19 Todo listo en Narón para celebrar este sábado a Festa dos Maios cun completo programa de actividades. O Concello de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan esta cita na que non faltará a tradicional alfombra floral, un desfile e música. A programación comezará ás 11.00 horas na Praza de Galicia, donde como cada ano se procederá a elaborar unha gran alfombra floral cun deseño do artista naronés Leandro Lamas. Na decoración da mesma, unha vez deseñada, poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Así mesmo, tamén pola mañá e na Praza de Galicia, haberá un obradoiro de arte floral, no que participarán aquelas persoas que solicitaron a realización destes obradoiros, impartidos por persoal do Padroado da Cultura. Pola ...

Leer más »

Este sábado Narón confeccionará unha gran alfombra floral na Praza de Galicia polo Día dos Maios

FERROL360 | Venres 5 maio 2017 | 10:47 Mostra dos maios, actuacións dos musicais dos grupos das Escolas do Padroado da Cultura, chocolatada e a confección dunha gran alfombra floral na Praza de Galicia serán os actos centrais da programación do Día dos Maios, que deseñeou o Padroado da Cultura de Narón e colaboración coa Sociedade Cultural Areosa. Entre as novidades previstas para este ano está a elaboración dunha gran alfombra floral na Praza de Galicia. O artista Leandro Lamas será o encargado de realizar o deseño sobre o que poderán traballar -na colocación da flor- as persoas que así o desexen. Con anterioridade, ás 16:30 horas, concentraranse no local social de Piñeiros os Maios que participarán este ano na festividade coa que se homenaxea a chegada da primavera. Media ...

Leer más »

O Entroido continúa en Ferrolterra esta fin de semana

FERROL360 | Venres 3 marzo 2017 | 18:04 Mentres algúns xa gardaron as roupas do Entroido outros aínda as reservan para esta fin de semana. E é que o Entroido aínda non rematou e quedan días de festa rachada para pasar un bo rato. Así, en Cobas, Valdoviño e Narón celebrarán varias actividades de Entroido este sábado e domingo. No local social da AVV de Cobas organizan unha festa infantil de disfraces este sábado. Será a partires das 17.00 horas e pola noite, desde as 22.00 horas, celebrarán unha cea baile con sorteos e premios ao mellor disfraz individual, mellor comparsa e ao máis simpático. En Valdoviño celebrarán o seu Festival de Comparsas este sábado nunha carpa situada ao carón da Casa da Cultura. Previamente, ás 17.30 horas, haberá un ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies