Home / Archivo de Etiquetas: SOCIEDADE (página 12)

Archivo de Etiquetas: SOCIEDADE

Presentación do primer congreso de decrecemento este luns no Ateneo

FERROL360 | Lunes 11 decembro 2017 | 11:55 O Ateneo Ferrolán acolle este luns dende as 20:00 horas a presentación do I Congresso de Decrescimento, coa presenza dos membros das comisión redatora do mesmo, que explicarán a iniciativa. Presentará o acto Miguel A. Neira e estará presente a activista Iolanda Teixeiro, Marisé Díaz e Miguel Anxo Abraira. Falarán da organización e autoxestión da Rede de Decrecemento Eo-Navia I Galiza I O Bierzo, ademais das diferentes temáticas que abrangue.

Leer más »

A Deputación achega 180.000 euros para mellorar a competitividade turística de Ferrolterra

Imagen de la playa de Doniños este martes (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Martes 25 xullo 2017 | 13:40 O Concello de Ferrol ven de recibir dúas novas liñas de subvencións da Deputación da Coruña para a mellora da competitivide turística, encadradas dentro do programa dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos. Neste caso, explican desde o Concello, achegan 100.000 euros á Mancomunidade para levar a cabo un Plan de competitividade da comarca de Ferrolterra coma destino de turismo activo, e 80.000 euros á Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol para fomentar a calidade do produto turístico de Ferrol e apoiar a celebración de eventos. Dende a Concellería de Turismo, que dirixe Suso Basterrechea, subliñan que o obxectivo claro nos vindeiros anos é precisamente «afondar máis na idea de que Ferrol é un destino turístico competitivo e especialmente ...

Leer más »

Andaina nocturna con teatro ao vivo este venres no marco dos ‘Escenarios Paralelos’ de Valdoviño

FERROL360 | Martes 25 xullo 2017 | 13:13 A Concellería de Cultura de Valdoviño promove para este vindeiro venres unha andaina nocturna de verán baixo o título Lavandeiras, que mestura a camiñada cun espectáculo de narrativa oral, música ao vivo e teatro da man da compañía Daboapipa. O punto de encontro para comezar a ruta será o adro da igrexa de Vilarrube ás 21:30 horas, rematando no lavadoiro de Romeos, na parroquia de Vilaboa, logo de andar preto de catro quilómetros con dificultade baixa. A andaina é de balde, pero para tomar parte nela é preciso inscrición previa antes de este xoves, acudindo á Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 981 47 76 66. Será alí onde se poderá gozar do espectáculo Lavandeiras, unha proposta que lles devolva ás ...

Leer más »

A Casa da Xuventude de San Sadurniño acolleu un obradoiro sobre identidades LGTBi

FERROL360 | Sábado 27 agosto 2016 | 17:02 Armarios, orgullo e visibilidade: as identidades LGBTI no contexto actual foi o título do obradoiro que se desenvolveu este venres na Casa da Xuventude de San Sadurniño. Charla e debate en pequenos grupos para abordar os prexuízos da sociedade, o autoconcepto, a autoestima e a necesidade de construír un imaxinario afectivo e sexual que asuma como normal todo o que non é hetero, dirixido pola activista da Marcha Mundial das Mulleres, Ximena González, e o membro do Grupo de Educación Rural da Nova Escola Galega, Ángel Amaro Quintas. Unhas quince persoas asistiron ao obradoiro, enmarcado nos compromisos adquiridos polo Concello no pleno do pasado mes de xullo, cando os tres grupos con representación municipal aprobaron por unanimidade unha moción do BNG que ...

Leer más »

Natalia Sobrido, nova decana da Facultade de Enfermaría e Podoloxía

FERROL360 | Martes 14 xuño 2016 | 19:01 O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu este martes o acto de toma de posesión da nova decana da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Natalia Sobrido Prieto. No acto, ao que asistiu tamén o secretario Xeral da UDC, Carlos Aymerich, tanto Abalde como Sobrido agradeceron o labor da decana anterior, Nuria Varela, presente tamén esta mañá na Reitoría. «Agradecer e felicitala polo traballo desenvolvido durante estes anos», manifestou o reitor, «e os mellores éxitos para a nova decana e o seu equipo nesta nova etapa na que contarán co máximo apoio institucional», engadiu. Pola súa banda, Natalia Sobrido manifestou as gañas de traballar do novo equipo «cheos de ilusión e esperamos cumprir coas expectativas e coa confianza depositada en nós». ...

Leer más »

Bruno Díaz, edil de Servizos: «Un dos nosos proxectos é xerar unha cultura colectiva de reciclaxe en Ferrol»

MARTA CORRAL | Ferrol | Martes 7 xuño 2016 | 8:32 A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, dirixida polo edil Bruno Díaz, segue a traballar por mellorar os datos de reciclaxe e recollida selectiva na cidade. Este luns, de feito, en colaboración con Ecovidrio, ven de instalar 22 novos colectores de vidro cun novo sistema que axiliza a tarefa aos hostaleiros, xa que están dotados cun novo sistema de elevación. En total, Ferrol conta con 246 contenedores verdes, un por cada 282 habitantes. A reciclaxe do vidro e unha das teimas da área de Díaz, posto que aínda que medrou no 2015 nun 40,2 % -41 envases por persoa, uns 10,7 quilos por habitante-, a cidade segue por debaixo da media galega. O Plan Marco de Residuos de ...

Leer más »

A Xerencia Integrada de Ferrol incorpora o láser verde á ciruxía urolóxica

FERROL360 | Sábado 19 marzo 2016 | 20:49 A técnica cirúrxica a través da fibra óptica GreenLight Moxy, o que se coñece como o Láser Verde, incorpórase á Cirurxía de Uroloxía na Xerencia Integrada de Ferrol. Esta mesma semana, realizábanse as primeiras intervencións con esta nova parataxe no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Trátase dunha técnica minimamente invasiva que se emprega para o tratamento da Hiperplasia Benigna de Próstata (HBP), que implica diferentes síntomas urinarios problemáticos e molestos. Consiste en introducir unha fibra de láser verde endoscopicamente a través da uretra do varón e a luz vaporiza o tecido prostático converténdoo en vapor de auga. Está indicada para chegar ó lugar desexado e realizar incisión ou escisión cirúrxica, vaporización, ablación, hemostasia ou coagulación de tecido brando. Entre as vantaxes do ...

Leer más »

Alumnos do IES Saturnino Montojo aprenden a salvar vidas

FERROL360 | Mércores 15 decembro 2015 | 8:36 Profesionais da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e do Servizo de Pediatría da Xerencia Integrada de Ferrol achegáronse este martes ao Instituto de Ensino Secundario Saturnino Montojo de Ferrol, onde abordaron cos alumnos como actuar ante un atragantamento, a coñecer a posición de seguridade, a realizar masaxes cardíacas a adultos e nenos, e a saber que é e como se emprega un Desfibrilador. Tal e como indicou Carmen Fernández González, especialista da Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, ofreceron unha parte teórica, e, posteriormente, comezou a abordaxe práctica para se poder enfrontar a este tipo de situacións, os pasos a dar, e as técnicas a aplicar no caso de estar ante alguén que está sufrindo un paro cardíaco. ...

Leer más »

Ferrol360 protagonizou os actos do Concello de Ferrol contra a violencia machista este venres

FERROL360 | Venres 7 agosto 2015 | 13:18 A redacción de Ferrol360 tivo a honra de compartir coa concelleira de Muller do Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo, e edila María Teresa Riveira, os actos que organiza o consistorio cada tres meses para condenar a violencia machista. Ás 11:30 horas, no parque Raíña Sofia, plantamos rosas en memoria das vítimas, xunto coas responsables de entidades femininas da cidade e as concelleiras. Máis tarde, na praza de Armas e xa coa presenza de membros de todos os grupos municipais, limos un manifesto elaborado por nós, en condena non só dos crimes machistas dos derradeiros días, senón tamén, deses micromachismos que son o xermolo do machismo que acaba matando. Dende Ferrol360 queremos compartir con vos as liñas que leu a nosa compañeira Inés ...

Leer más »

Un ferido leve nunha saída de vía en Fene

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 18:35 Un mozo de 22 anos resultou ferido este domingo logo de saírse da vía a furgoneta de conducía pola estrada AC-115 que comunica os municipios de Fene e Neda. Ata o lugar acudiron efectivos da Guardia Civil e de Emerxencias Médicas 061, trasladando ao ferido ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol con doenzas leves. Publicidad

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies