Home / Archivo de Etiquetas: SOCIEDADE (página 13)

Archivo de Etiquetas: SOCIEDADE

Último día para inscribirse na saída pola Ruta dos Muíños de Esmelle que organiza a SGHN

FERROL360 | Mércores 27 agosto 2014 | 11:27 Ver as modificacións da fauna e flora ao longo das estacións do ano é a finalidade que perseguen as saídas gratuitas que organiza a Sociedade Galega de Historia Natural pola Ruta dos Muíños de Esmelle. Trátase dunha ruta de catro quilómetros de percorrido e de dificultade baixa Para poder ver estas modificacións os asistentes utilizarán guías de campo. A data da saída é o 30 de agosto ás 10:00 horas desde o local da Asociación de Veciños de Esmelle e finalizará aproximadamente ás 13:00 horas. Pode participar calquer persoa interesada. Para participar nas rutas hai que apuntarse a través do correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos seguintes teléfonos 881.93.13.15 e 698.141.384, en horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de ...

Leer más »

A Carpa Xplora Xuventude recala este venres en Cedeira

FERROL360 | Venres 1 agosto 2014 | 11:18 A Carpa Xplora Xuventude é un punto de información para os mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos especialmente para eles. Asimesmo, tamén facilita asesoramento por parte de técnicos especializados. Este venres a Carpa achégase a Cedeira, concretamente estará emprazada na praza A Marieta entre as 17:00 e as 19:00 horas. Pero ademais de información de interese, a carpa pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil. A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía ...

Leer más »

Un total de 35 nenos xogan e aprenden na Aldea de verán de San Sadurniño

FERROL360 | Luns 21 xullo 2014 | 20:22 Quen dixo que os centros educativos quedaban desertos durante o verán? O patio cuberto do CPI de San Sadurniño é un rebulir constante durante as mañás, xa que acolle o programa Aldea de verán 2014. Un programa de conciliación no que participan 35 cativos de entre 3 e 12 anos. A Aldea de verán é unha iniciativa municipal que facilita a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, ao tempo que contribúe á formación socioeducativas dos nenos durante as vacacións. Funciona con dous horarios, un de 08:00 a 14:00 horas e outro de 10:00 a 14:00 horas, para axeitarse ás necesidades das familias. Pintura de mans, xogos cooperativos, bailes, manualidades con materiais de refugallo… a mañá réndelles no patio cuberto do colexio ...

Leer más »

Gala Solidaria en Narón a favor da asociación Alba Pérez de loita contra o cancro infantil

FERROL360 | Xoves 3 abril 2014 | 16:42 O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil. O evento está organizado pola delegación galega desta asociación, coordinada por Mónica Cereijo, en colaboración co Concello de Narón. Na Gala participarán o grupo de rap Leo KCH, o ilusionista Martín Varela, o monologuista Fran Nogueira, o dúo cómico Bucanero, o grupo de animación infantil La GuaGua, o Payaso Popín, Susana Seivane, academia de baile Fusion Dance, o cantante Dani Ríos e o artista Víctor Grande. As entradas están xa á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura cun prezo de 5 euros e haberá numerosos sorteos de produtos cedidos polos colaboradores. A concelleira ...

Leer más »

Narón ule a camelia

FERROL360 | Venres 21 marzo 2014 | 16:46 Narón convértese no centro mundial das camelias durante este venres e sábado coa celebración da X Mostra da Camelia Cidade de Narón e o VI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón. No día de hoxe, os membros do Internacional Camellia Congress visitaron a Mostra e espérase a visita dun centenar de congresistas vidos de Australia, China, Xapón, Portugal e Italia. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, fixo entrega de senllas figuras conmemorativas á presidenta da International Camellia Society, Patricia Short, e á presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero. Este venres, ás 17:30 horas, entréganse os premios do VI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón no centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón.

Leer más »

Máis de 30 expositores participan na X Mostra da Camelia, que se celebra esta fin de semana en Narón

FERROL360 | Luns 17 marzo 2014 | 17:52 A X edición da Mostra da Camelia e o VI Concurso de Flor de Camelia celebraranse este venres e sábado no centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón. A Asociación Galega da Camelia, organizadora da mostra, ten confirmada a presenza de 32 expositores de Galicia e Asturias, pero podería sumarse algún máis posto que aínda está aberto o prazo de inscrición. A principal novidade deste ano será a visita de máis dun centenar de congresistas da International Camellia Society. Trátase de visitantes de distintas partes do mundo, entre os que hai australianos, chineses, xaponeses, portugueses e italianos. Acudirán a Narón este venres 21, en torno ás 13:00 horas, para contemplar a mostra. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou que ...

Leer más »

Os Reis Magos visitar?n Cerdido o d?a seis de xaneiro

FERROL360 | Xoves 2 xaneiro 2014 | 12:23 Un ano m?is, os Reis Magos de Oriente reservar?n toda a xornada do d?a seis de xaneiro para pasala en Cerdido e facer realidade os so?os dos m?is pequenos. Melchor, Gaspar e Baltasar visitar?n a Feira da Barqueira a ma?? do d?a seis, acompa?ados dunha cabalgata preparada polo Concello, con carrozas feitas a man por colaboradores e veci?os. As carrozas incl?en un Bel?n vivinte e diferentes personaxes levando a cabo as labores t?picas desa zona do rural. Moitos nenos e adultos participan na cabalgata, as? coma a Asociaci?n Airi?os dos Carr?s. Xa pola tarde do d?a seis, o Concello ten lista unha gran festa aberta a t?dolos rapaces e rapazas que queiran participar, tanto de Cerdido coma de outros concellos. O lugar ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies