Home / Archivo de Etiquetas: Suso Soto

Archivo de Etiquetas: Suso Soto

O edil de San Sadurniño, Suso Soto, levará as áreas de Contratación, Patrimonio e Equipamento na Deputación

FERROL360 | Xoves 23 xullo 2015 | 10:44 O concelleiro de Facenda e Servizos sociais de San Sadurniño, Suso Soto, entra a formar parte do goberno da Deputación Provincial de A Coruña levando as áreas de Contratación, Patrimonio e Equipamento. Así, xestionará os expedientes de contratación, a administración de todos os bens e propiedades do organismo provincial. Despois da constitución da corporación hai uns días, este martes quedou formada a Xunta de Goberno do entre provincial, que estará composta por seis representantes do PSdeG-PSOE e cinco do BNG. Aínda que son once membros, só nove deles, ademais do presidente, o socialista Valentín González Formoso, terán asignadas competencias xestoras dentro do organigrama provincial. Agora falta por convocar o pleno de organización para dar conta das resolucións referidas á conformación do goberno. ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies