Home / Archivo de Etiquetas: Terceira Idade

Archivo de Etiquetas: Terceira Idade

Narón celebrará o Día Internacional das Persoas Maiores cunha homenaxe ás persoas centenarias da cidade

FERROL360 | Domingo 27 setembro 2015 | 16:43 O vindeiro 1 de outubro celébrase o Día Internacional das Persoas Maiores e o Concello de Narón festexará esta data cunha homenaxe ás persoas centenarias do municipio e máis con dous obradoiros sobre graffiti e manexo do móbil. O acto central que celebrará o Concello terá lugar durante a xornada do 1 de outubro cunha recepción e visita institucional a modo de homenaxe ás persoas centenarias, que presidirán o alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. Por outra banda, tamén está previsto desenvolver dous obradoiros dentro da programación de actos do Día Internacional das Persoas Maiores. Un será sobre graffiti e outro sobre o manexo do móbil intelixente e se levarán a cabo no mes ...

Leer más »

Residencial Cedeira ofrece aos maiores vivendas de aluguer con servizos comunitarios

FERROL360 | Venres 26 decembro 2014 | 15:21 O Concello de Cedeira pon en marcha a primeira fase de «Residencial Cedeira». Un proxecto estratéxico que pon a disposición dos maiores do municipio vivendas adaptadas ás súas necesidades en réxime de aluguer. Ademais, poden acceder a unha completa oferta de servizos comunitarios. O proxecto nace no marco do programa «Impulsa», que pretende promover iniciativas de carácter privado que permitan establecer servizos dos que Cedeira carece por cuestións orzamentarias, ao tempo que creen emprego. Así, as xestións realizadas polo alcalde co sector empresarial levaron a promotores inmobiliarios a redefinir os usos dun céntrico edificio da vila construído recentemente. Agora, en lugar de procurar a venda dos pisos que integran o bloque, destinaranse á creación das vivendas para maiores. O inmoble está ubicado ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies