FERROL360 | Martes 26 abril 2016 | 14:22 A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, mantivo este luns unha nova xuntanza con representantes de quince asociacións para perfilar o programa do Encontro Interxeracional que se celebrará na localidade o vindeiro 12 de xuño. A edil avanzou que o aforo baixo as dúas carpas que se localizarán na zona do paseo de Xuvia, onde terá lugar a tradicional comida de maiores e outras actividades, estará limitado a 800 persoas. A concelleira naronesa e os representantes das diferentes entidades acordaron a instalación, como é habitual neste evento, de mesas informativas de varios colectivos e unha exposición dos traballos que realizan as persoas maiores ao longo do ano nas asociacións e centros de maiores da localidade. Así mesmo, Sabio indicou que ...
Leer más »Primeira xuntanza para coordinar o programa do Encontro Interxeracional de Narón
FERROL360 | Luns 11 abril 2016 | 16:08 Será o vindeiro 12 de xuño cando Narón celebere a quinta edición do Encontro Interxeracional no paseo marítimo de Xuvia. Unha cita na que comezaron a traballar este luns a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, e os representantes de dezasete entidades do municipio, coa coordinación do programa. A edil naronesa e os representantes das asociacións acordaron adiantar a data do evento para evitar que coincida con outras actividades a desenvolver na localidade. Os asistentes á convocatoria acordaron manter unha segunda xuntanza o vindeiro día 25 para perfilar o programa de actos a desenvolver ao longo da xornada, para a que cada asociación plantexará unha serie de actividades. Sabio lembrou que o Encontro Interxeracional supón o remate das actividades do ...
Leer más »Narón celebrará o Día Internacional das Mulleres con xornadas, obradoiros e homenaxes
FERROL360 | Mércores 24 febreiro 2016 | 10:08 Homenaxe á Muller do Ano, solta do goblos, cea da Muller e actividades sobre saúde en feminino, componen o programa de actos que o Concello de Narón ten organizado para celebrar o Día Internacional das Mulleres. Así, o 8 de marzo terá lugar a tradicional homenaxe á Muller do Ano 2016, a partir das 12:00 horas no Concello. «É un acto sorpresa, no que a homenaxeada descoñece que vai obter este nomeamento. Intentamos que nesta iniciativa se vexan tamén reflectidas todas aquelas mulleres que merecerían un recoñecemento deste tipo», explicou Teresa Saibo, concelleira de Igualdade. Ese mesmo día, ás 17.00 horas, terá lugar unha solta de globos en prol da Igualdade na Praza de Galicia. Cada globo levará unha mensaxe relativa a ...
Leer más »Narón celebrará o Día Internacional das Persoas Maiores cunha homenaxe ás persoas centenarias da cidade
FERROL360 | Domingo 27 setembro 2015 | 16:43 O vindeiro 1 de outubro celébrase o Día Internacional das Persoas Maiores e o Concello de Narón festexará esta data cunha homenaxe ás persoas centenarias do municipio e máis con dous obradoiros sobre graffiti e manexo do móbil. O acto central que celebrará o Concello terá lugar durante a xornada do 1 de outubro cunha recepción e visita institucional a modo de homenaxe ás persoas centenarias, que presidirán o alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. Por outra banda, tamén está previsto desenvolver dous obradoiros dentro da programación de actos do Día Internacional das Persoas Maiores. Un será sobre graffiti e outro sobre o manexo do móbil intelixente e se levarán a cabo no mes ...
Leer más »O BNG de Narón entra no goberno local
FERROL360 | Xoves 2 xullo 2015 | 17:11 A asemblea aberta do BNG de Narón deu luz verde á entrada dos nacionalistas no goberno local. O documento no que se recollen as prioridades de cara ao mandato 2015-2019, froito dun mes de negociación con TEGA e PSOE, contou co voto favorable da maioría dos asistentes á asemblea. Hai unha semana, o alcalde de Narón José Manuel Blanco aseguraba que non se discute que Pablo Villamar e Teresa Saibo leven outras concellerías diferentes ás do pasado mandato. Así, todo fai pensar que Villar estará ao fronte de Promoción Económica e Saibo de Promoción Social e Igualdade. En todo caso, os detalles do pacto de goberno e das áreas nas que traballarán os nacionalistas daranse a coñecer este venres en rolda de ...
Leer más »Blanco confía en pechar goberno en Narón esta semana coa inclusión do BNG
REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 24 xuño 2015 | 16:30 Esta semana haberá unha nova xuntanza entre Terra Galega e BNG de Narón para tratar de chegar a un acordo de goberno que inclúa aos nacionalistas. O alcalde do municipio, José Manuel Blanco, asegura que «non existen problemas insalvables, existen problemas de organización» que son os que dilatan os tempos. En todo caso, Blanco confía en que «a remates de esta semana se pecharán os acordos a tres bandas co PSOE, BNG e TEGA» e así reeditar o tripartito. Deste xeito, o luns ou martes da vindeira semana poderíase asinar o acordo de goberno entre as tres formacións. Preguntado se Pablo Villamar estará ao fronte de Promoción Económica e Teresa Saibo Promoción Social e Igualdade, coma na pasada lexislatura, ...
Leer más »