FERROL360 | Sábado 18 xuño 2016 | 11:29 Xogos populares, deporte rural e música para celebrar a tradicional recreación das Lendas da Pena Molexa. O lugar de Vilasuso, na parroquia do Val, será este sábado o escenario da representación, organizada pola Concellería de Cultura de Narón e a asociación veciñal Os Irmandiños. O programa comezará ás 18.00 horas cunha xornada de xogos populares e de deporte rural. A música tomará o relevo a partir das 20.30 cunha actuación a cargo do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura. Desde as 21.00 horas serviranse as primeiras racións de ‘churrasco molexo’ e ‘bocata lopeso’ –a prezos populares- preparadas na zona para a ocasión. A música regresará novamente á programación festiva a partir das 22.30 da man do grupo folk Zoadeira. A tradicional ...
Leer más »A Asociación de Mulleres Cabanas Rural organiza a Roga da Esfolla
FERROL360 | Venres 20 novembro 2015 | 10:51 As rogas eran xuntanzas de persoas para facer un traballo en conxunto. Así, había rogas para a sega, para a malla, para a matanza, para amañar os camiños, para ensilar, para esfollar o millo e para coller nas patacas. Os veciños axudábanse entre si e o pago dos traballos era co propio traballo. Cando remataban, xuntábanse para celebralo. A Asociación de Mulleres Cabanas Rural non quere que esta costume se perda e organiza para este domingo a VI Roga da Esfolla. Será no pavillón de Lavandeira, en Cabanas, a partires das 16:00 horas. Terán pan de millo amarelo, negro e branco cocido na casa e celebrarán con zonchos, papas de millo, liscos e viño. Todo acompañado da música de Silbarda e das ...
Leer más »O Concello de Fene organiza un obradoiro artístico de decoración de cabazas
FERROL360 | Xoves 15 outubro 2015 | 10:09 Os pequerrechos maiores de 6 anos poderán participar no obradoiro artístico de decoración tradicional de cabazas que organiza o Concello de Fene. A actividade terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro e desenvolverase nas instalacións do CCRD de Perlío, en horario de 17:00 a 19:00 horas. Os participantes, que deberán estar acompañados dun adulto se son menores de 12 anos, poderán decorar as súas cabazas de Samaín ao estilo clásico ou ben crear os seus propios deseños e facer das súas cabazas pezas escultóricas únicas e orixinais. Ao final do obradoiro, os que queiran, poderán levar para a casa as súas cabazas. A organización facilitará aos participantes todo o material necesario para o desenvolvemento deste taller. Para participar nesta actividade, será ...
Leer más »Doso celebra a Recreación Tradicional da Esfolla este sábado
FERROL360 | Venres 14 novembro 2014 | 13:43 A pista polideportiva da parroquia de Doso acollerá un año máis a Recreación Tradicional da Esfolla, que se celebra este sábado a partires das 17:00 horas. As actividades están organizadas polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración coa AVV ‘A Naveira’ de Doso. O programa de actos será o seguinte: Chegada e recepción á comitiva dos carros de maínzo; exposición e obradoiro de bonecos de maínzo; música e danza tradicional; esfolla do maínzo; obradoiro de bolas da sartén; concurso de sobremesas e actuación musical.
Leer más »Pedroso prepárase para acoller a tradicional Romaría da O este domingo
FERROL360 | Luns 5 maio 2014 | 19:54 As entidades organizadoras da Romaría da O xa teñen todo preparado para dar o pistoletazo de saída ao programa de actos deste ano. Un programa con actividades para todos os públicos e no que traballaron a Asociación de Veciños ‘Virxe da O’ de Pedroso, a Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña e a Comisión de Festas da Romaría da O. O xoves 8 de maio comezan as actividades coa celebración dunha mesa redonda e coloquio sobre As tradicións da Romaría da O. Será as 19:00 horas no local da SCR A Pombiña de Pedroso. A continuación, ofrecerase unha copa de viño e poderase gozar da exposición fotográfica Pedroso e a súa xente no século XX. O venres 9 de maio, pola mañá, ...
Leer más »