FERROL360 | Martes 15 marzo 2016 | 13:00 O Concello de San Sadurniño vén de abrir o prazo para inscribirse no VII Tetramaratón, que se celebrará o vindeiro xoves 24 de marzo no pavillón municipal e nas pistas do colexio. Poderán participar os maiores de 15 anos, que deberán crear equipos nas modalidades de voleiball, fútbol sala, baloncesto e hóckei. Os encontros comezarán ás 9:30 horas e desenvolveranse ata primeiras horas da tarde. Os equipos poderán ser mixtos e deberán ter un mínimo de cinco xogadores ou xogadoras e un máximo de seis. O regulamento xeral indica que os 4 partidos clasificatorios se xogarán seguidos contra o mesmo rival e que os puntos conseguidos polas compoñentes femininas -que deberán xogar todos os encontros- valerán o triple. No volei 5×5 disputaranse ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: V Tetramaratón
San Sadurniño organiza a quinta edición do Tetramaratón
FERROL360 | Mércores 2 abril 2014 | 12:35 O Clube de Fútbol San Sadurniño e o C. V. Aldebarán colaboran xunto á área de Deportes do municipio na organización do V Tetramaratón, que terá lugar o vindeiro 17 de abril. O pavillón municipal acollerá unha cita na que poderán participar os maiores de 15 anos. Terán que agruparse en pequenos equipos -entre 5 e 6 persoas- para xogar a voleibol, fútbol sala, baloncesto e hóckey. No volei 5×5 disputaranse dous sets a 7 puntos, con catro xogadores no campo por equipo. Tanto en fútbol sala coma en baloncesto xogaranse 10 minutos sen parar e no hóckey permitirase xogar con ou sen patíns e, ao igual que nos anteriores deportes, o tempo correrá sen pausa durante 10 minutos. Os partidos sucederanse ...
Leer más »