Home / Archivo de Etiquetas: VII Limpeza Simultánea de Ríos

Archivo de Etiquetas: VII Limpeza Simultánea de Ríos

Os voluntarios da iniciativa «Móllate polos ríos» retiran 150 quilos de refugallos do río Castro

FERROL360 | Luns 29 setembro 2014 | 15:00 Os 23 voluntarios que participaron na limpeza do río Castro en San Sadurniño retiraron preto de 150 quilos de refugallos do propio río e da súa ribeira dentro da iniciativa «Móllate polos ríos» de Adega. Así, a VII Limpeza simultanea de ríos desenvolveuse o pasado domingo en distintos puntos de Galicia. En San Sadurniño os labores centráronse nun tramo comprendido entre a área recreativa do Pozo de Lamas -Igrexafeita- e a ponte da Pedreira, en Naraío. Os voluntarios empregáronse a fondo para deixar o río o máis limpo posible nunha mañá de duro traballo, pero tamén foi unha boa ocasión para percorrer parte dun dos sendeiros ambientais máis importantes que hai en San Sadurniño. Plásticos, botellas ou ferralla foron os residuos que ...

Leer más »

ADEGA organiza unha nova xornada de limpeza simultánea de ríos o próximo 28 de setembro

FERROL360 | Mércores 17 setembro 2014 | 18:20 «Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos». Así convidan desde ADEGA a participar na sétima xornada de limpeza simultánea de ríos Móllate polos ríos, que se levará a cabo o vindeiro 28 de setembro en 41 concellos de Galicia. Na nosa comarca, desenvolverase esta actividade nos concellos de San Sadurniño, Neda, Fene, Ferrol e Mañón. En San Sadurniño xa teñen aberto o prazo de inscrición ata o 26 de setembro e para anotarse hai que acudir ás oficinas do Concello ou chamar ao 981 490 027. Só fai falla levar botas de auga, luvas e roupa impermeable por se chove; o resto do material corre a cargo do Concello. Neste caso, ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies