Home / Archivo de Etiquetas: violencia de xénero

Archivo de Etiquetas: violencia de xénero

Monólogos, obradoiros, zumba e actuacións musicais para sensibilizar contra a violencia de xénero

FERROL360 | Mércores 25 febreiro 2015 | 11:24 «No amor non todo vale», é o título da nova campaña que a Deputación da Coruña pon en marcha para sensibilizar aos máis xoves sobre a igualdade e contra a violencia de xénero. Na nosa comarca, o programa desenvolverase en Fene, este venres, de 16:00 a 20:00 horas na praza do Concello. Así, haberá photocalls, monólogos, actuacións musicais, sesións de zumba, mercados solidarios, obradoiros de marionetas ou clases de defensa persoal, entre outros. Todas elas actividades lúdico-educativas enfocadas a fomentar a igualdade de sexos. Nas actividades, ademais dos propios concellos, participarán tamén asociacións de pais e nais, docentes, o tecido asociativo e público en xeral co obxectivo de que todos colaboren na concienciación e sensibilización nesta materia, fomentando a tolerancia cero con ...

Leer más »

Charla sobre violencia de xénero e novas tecnoloxías este martes en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 13 xaneiro 2015 | 12:26 Rapazada, familias e profesorado de San Sadurniño están chamados para participar este martes nun obradoiro co que se busca previr o uso da tecnoloxía da información e a comunicación como ferramenta para exercer a violencia de xénero. A Casa da Cultura acolle este martes o obradoiro que se desenvolverá entre as 15:30 e as 18:30 horas. A charla divídese en dúas partes. A primeira, enfocada aos rapaces, pón o acento sobre o perigo dun mal uso das redes sociais e a telefonía móbil nas relacións entre a mocidade, pero tamén sobre como empregalas dunha forma útil. Na segunda parte, aberta a pais, nais e profesionais do ensino, incidirase especialmente sobre como detectar e atallar a tempo condutas tan perigosas coma o ciberacoso ...

Leer más »

Ares acolle este xoves unhas xornadas sobre violencia de xénero

FERROL360 | Martes 6 maio 2014 | 11:42 O mosteiro aresán de Santa Catalina de Montefaro será a sede da sétima edición das xornadas sobre a violencia de xénero que organiza o Concello. Dende as nove e media da mañá e ata pasadas as oito do serán, desenvolverase o programa ‘Ti non me controlas’, que pretende «educar no presente e previr para o futuro» en cuestión de violencia cara as mulleres. O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, inaugurará a xornada, para dar paso á conferencia ‘Os medios de comunicación e a violencia de xénero na xuventude’, desenvolvida pola xornalista e asesora de comunicación Bárbara G. Vilarinho. Despois dunha pequena pausa para o café, unha psicóloga e un responsable de márquetin exporán en mesa redonda o debate ‘Música, series e ...

Leer más »

San Sadurniño abre o prazo para inscribirse na II Xornada de Autoprotección ante a Violencia de Xénero

FERROL360 | Martes 12 novembro 2013 | 19:59 O vindeiro 25 de novembro terá lugar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Para non pasar por alto esta data significativa, a área de Educación e Igualdade do Concello de San Sadurniño ten preparadas diferentes actividades para desenvolver o sábado día 23. Por un lado, haberá un obradoiro de autoprotección ante a violencia de xénero co que se pretende ensinarlle ás mulleres participantes a xestionar positivamente situacións de risco. Docentes especializados en psicoloxía e en defensa persoal amosarán distintas técnicas para axudar a manter controlada unha situación perigosa ou como facer para defenderse e poder pedir axuda inmediatamente. Despois da sesión, haberá unha xuntanza de grupo para xantar e compartir experiencias. Será o segundo encontro deste tipo que ...

Leer más »

O copago sanitario ou a prevención da violencia de xénero centrarán o pleno de San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 6 novembro 2013 | 12:50 O pleno que o Concello de San Sadurniño celebrará o vindeiro sábado centrarase en tres mocións de peso a presentar polo grupo municipal do BNG. En primeiro lugar, o goberno local pedirá que a Xunta de Galicia desbote a súa decisión de aplicar o copagamento dos medicamentos de farmacia hospitalaria para enfermos crónicos. O que se pretende é instar á Xunta para que lle esixa ao Goberno central a derrogación desta resolución. En segundo lugar, reclamaranse fórmulas de financiamento municipal nas que se teñan en conta as características e necesidades propias dos concellos galegos, tales como a dispersión e o avellentamento da poboación. Por último, solicitarase ao Goberno galego que faga efectiva a Lei para a prevención e o tratamento da violencia ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies