Home / Archivo de Etiquetas: Visitas guiadas Mosteiro do Couto

Archivo de Etiquetas: Visitas guiadas Mosteiro do Couto

Narón celebrará a XVIII Festa gastronómica do Pemento do Couto os días 16 e 17 de xullo

FERROL360 | Mércores 6 xullo 2016 | 9:26 A parroquia naronesa do Couto acollerá os días 16 e 17 de xullo os actos do programa da décimo oitava edición da Festa gastronómica do Pemento do Couto. Actos enmarcados nas ‘Noites no mosteiro’ e na ‘Festa gastronómica’. As concelleiras de Festas e Turismo, Mar Gómez e Natalia Hermida, respectivamente, foron as encargadas de presentar este martes o evento acompañadas polo xerente da Cooperativa do Val, José Castro, do presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal, e do novo presidente da AVV do Couto, Ramón Francisco Couto. A cita festiva dará comezo o 16 de xullo coas ‘Noites no mosteiro’, con concertos de música de cámara a cargo do grupo Musgalia entre as 22:30 e as ...

Leer más »

Última opotunidade para participar nas visitas guiadas ao Mosteiro do Couto este verán

FERROL360 | Venres 11 setembro 2015 | 17:13 Este sábado será a última xornada do programa de visitas guiadas ao Mosteiro do Couto impulsado polo Concello de Narón. O último percorrido proxectado polo cenobio de San Martiño de Xuvia será de 11.00 a 13.00 horas. Unha guía explicará aos asistentes a historia desta construción relixiosa. A duración do percorrido é de aproximadamente dúas horas.

Leer más »

Este domingo comezarán as visitas guiadas ao Mosteiro do Couto

FERROL360 | Mércores 15 xullo 2015 | 10:58 Coincidindo coa celebración da XVII Festa gastronómica do pemento do Couto, este domingo póñense en marcha as visitas guiadas ao Mosteiro nas que unha guía encargarase de explicar aos visitantes a historia deste recoñecido cenobio naronés, localizado nas inmediacións da ría e que permanece habitualmente pechado ao público. As visitas serán os sábados en horario de 11.00 a 13.00 horas e prolongaranse ata o 15 de setembro. Os percorridos polo mosteiro serán para grupos reducidos de entre seis e dez persoas e terán unha duración aproximada de media hora polo mosteiro e a igrexa. Os interesados en participar nesta actividade deberán cubrir previamente unha ficha na Oficina de Turismo ou no propio mosteiro o día da visita. Para máis información, pódese chamar ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies