FERROL360 | Luns 17 marzo 2014 | 17:52 A X edición da Mostra da Camelia e o VI Concurso de Flor de Camelia celebraranse este venres e sábado no centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón. A Asociación Galega da Camelia, organizadora da mostra, ten confirmada a presenza de 32 expositores de Galicia e Asturias, pero podería sumarse algún máis posto que aínda está aberto o prazo de inscrición. A principal novidade deste ano será a visita de máis dun centenar de congresistas da International Camellia Society. Trátase de visitantes de distintas partes do mundo, entre os que hai australianos, chineses, xaponeses, portugueses e italianos. Acudirán a Narón este venres 21, en torno ás 13:00 horas, para contemplar a mostra. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou que ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: X edición da Mostra da Camelia Cidade de Narón