FERROL360 | Jueves 13 agosto 2015 | 7:57 Os actores Xabier Deive e Luís Iglesia presentan este venres Filosolfando na Casa da Cultura de Pontedeume, a nova produción de Boneca Lareta escrita e dirixida polo actor, autor e director teatral Avelino González e distribuída por Culturactiva. A vila eumesa acolle esta preestrea o venres 14 ás 20:30 horas, unha semana antes da que será a estrea oficial o próximo venres 21 na Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee, Á Escena! Se en Sede de Mal, a súa primeira incursión neste estilo, os dous intérpretes reflexionaban sobre o lado escuro da vida, agora as cordas soan arredor do lado menos sensato desa mesma vida de claroscuros. Os dous televisivos actores comezan nese punto a interpretar a partitura da ...
Leer más »‘Misión Sapiens’: o espectáculo que nos fará parecer máis listos ca un mono
ARY LÓPEZ | Luns 11 novembro 2013 | 15:19 Cinco son os continentes deste planeta. Ou eran seis? Porque Antártida non podería ser considerado como tal, ou si? Sexan cinco ou sexan seis… que máis ten? Poucos listillos se atreverán a discutirmo nunha conversa de ritmo lixeiro, interesante, culta e de contido intelixente. O que si sei seguro é que cinco son os actores de ‘Misión Sapiens’. Xoque Carbajal, Jouse García, Xabier Deive, Luis Iglesia e Marcos Orsi, -que tamén dirixe-, compoñen o elenco artístico dun espectáculo que ten por obxectivo desterrar a ignorancia da túa vida. Esa é a misión que deben cumprir estes homo sapiens que son expertos en grandes asuntos de interese para a nosa sociedade. Logo de velos no escenario, os resultados son varios: poderás converterte ...
Leer más »Os actores Luis Iglesia e Xabier Deive visitan este domingo San Sadurniño coa súa obra Misión Sapiens
FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 12:33 A axenda cultural de San Sadurniño ofrece pratos fortes para esta fin de semana. A oferta de ocio inclúe dúas obras teatrais e unha nova edición do programa Tempos para compartir. O sábado, na parroquia de Ferreira, terá lugar a representación de A historia de Brancaflor, da compañía Os sete magníficos máis un. Trátase dunha peza infantil onde Fran Rei protagoniza unha trama chea de probas, encantamentos, romances e maleficios. Unha narración ilustrada con diversos xogos de maxia. Será no local da Asociación de Veciños de Ferreira ás 17:00 horas do sábado. Tamén ese día, o local social de Santa Mariña acollerá unha sesión de Tempos para compartir, onde a veciña de Ferreira Cruz Piñón ensinará a elaborar marmelo de mazá e ...
Leer más »