FERROL360 | Xoves 10 abril 2014 | 14:18 A Asociación Cultural Musical ‘Sementeira’ de Narón e o Padroado de Cultura municipal asinan un convenio de colaboración por un importe de 42.000 euros para que a entidade continúe ofrecendo clases de solfexo e instrumento. O alcalde, José Manuel Blanco, reuniuse este xoves co presidente deste organismo cultural, Manolo Rodríguez, para pechar un acordo que lles permitirá desenvolver durante o corrente ano as súas actividades. Ademais, o Concello naronés cederá en usufruto os distintos instrumentos para o ensino dos alumnos e alumnas, que a ACM Sementeira deberá manter en bo estado de conservación. A cambio, a entidade continuará ofertando clases semanais de linguaxe musical, ademais de manter a actividade nas bandas infantil e XBN -Xove Banda de Narón-.
Leer más »