FERROL360 | Mércores 10 setembro 2014 | 18:37 Gústache facer curtas? O Ateneo Ferrolán dache a oportunidade de expoñer o teu traballo ante o público nas XIV Xornadas Mostra de Curtametraxes. Se queres participar toma nota: os traballos deben ser de menos de 20 minutos, en formato DVD, preferentemente en lingua galega, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director. Tes de prazo ata o día 5 de decembro. As xornadas se celebrarán os días 17, 18 e 19 de decembro na sede do Ateneo Ferrolán. Así, poderemos ver curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: XIV Xornadas Mostra de Curtametraxes