FERROL360 | Martes 20 agosto 2013 | 13:08 O concello de As Pontes ven de aprobar en Xunta de Goberno, un plan de obras por valor de 449.818,88 euros, que acondicionarán o casco urbano e varias parroquias, dentro do Plan de Obras e Servizos deste ano 2013. Do orzamento total, 128.260 euros destinaranse á pavimentación de viais municipais en Roidiz, A Faeira, A Cruz, A Cabana, e Pedrafita, neste último caso afrontando a primeira fase. A empresa adxudicataria é Francisco Gómez e Cía. Outros 118.424 euros adxudicáronse a Construccións Canosa, para executar o portal de entrada ao Lago; así como a segunda fase de mellora de servizos e pavimento de Poboado da Fraga, para o que dispón de 100.240 euros. Construccións Canosa tamén será a empresa encargada de mellorar o ...
Leer más »