J. M. AMENEIROS | Martes 1 abril 2014 | 13:55 A Barqueira, no concello de Cerdido, celebra este domingo día 6 a súa Feira do Cabalo número vinte e dous. Os que queiran participar poden inscribirse ata a mesma xornada do certame, o cal premiará aos mellores animais en varias categorías pola súa planta, e tamén aos mellores en varias modalidades de andadura e trote. O lugar? O campo da feira da Barqueira, no lugar do Porto. Alí, dende pola mañá e paralelamente á feira da Barqueira, comezará a premiarse aos mellores cabalos da feira nas seguintes categorías: mellor poldro menor de tres anos, mellor poldro deste ano, mellor semental, mellor egua con cría, mellor cabalo ou egua de cadeira e mellor percherón ou raza similar. Logo, xa pola tarde, ...
Leer más »