FERROL360 | Xoves 21 abril 2016 | 16:55 Unha trintena de instrumentos de música tradicional galega realizados polo alumnado dos Obradoiros de Construción de Instrumentos Tradicionais Galegos, que se imparten a través do Padroado da Cultura do Concello de Narón, exhíbense no CIFP Ferrolterra, en Ferrol. A mostra enmárcase nas XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble, organizadas polo centro educativo ata este sábado, en colaboración con diversas entidades, entre elas o Padroado da Cultura de Narón. En todo caso, a exposición poderá visitarse ata o vindeiro 3 de maio. Pandeiretas, pandeiros, pandeiras, bombos –un deles, o de maior tamaño, cun debuxo do muíño de Xuvia-, charrascos, trécolas, culleres e tambores son algúns dos instrumentos que se poden ver nesta mostra. Unha parte dos mesmos realizouse este ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble