Home / Cultura / Talía Teatro recala este sábado no Pazo da Cultura de Narón coa comedia «Demolición»

Talía Teatro recala este sábado no Pazo da Cultura de Narón coa comedia «Demolición»

FERROL360 | Venres 26 setembro 2014 | 16:46

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado ás 20:00 horas a comedia teatral «Demolición», da compañía Talía Teatro. Trátase unha obra escrita e dirixida por Candido Pazó e protagonizada por Toño Casais e Artur Trillo.

O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e 6,50 euros para abonados, usuarios de carné xove ou de estudante, ata 25 anos, e desempregados.

«Demolición» relata a historia de dúas persoas moi distintas, que coinciden casualmente como espectadores da demolición dun gran edificio, que vai ser derrubado por mandato xudicial tras moitos anos de litixios e demoras.

Na medida en que entre eles dous se vai establecendo unha insospeitada relación, o público asiste a un espectáculo que fala do que todo o mundo fala. Demoledoramente divertido. Demoledoramente humano.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies