Home / Actualidad / TEGA apostará polo desenvolvemento e a conservación do patrimonio para revalorizar os núcleos rurais

TEGA apostará polo desenvolvemento e a conservación do patrimonio para revalorizar os núcleos rurais

FERROL360 | Domingo 10 maio 2015 | 21:30

O local social de San Mateo acolleu este domingo un mitin de Terra Galega no que estiveron presentes o cabeza de lista, José Manuel Blanco, o secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo e dous integrantes da candidatura desa parroquia, Roberto Naveiras e José Manuel Gómez.

Blanco anunciou que se convocará un concurso de ideas para deseñar a urbanización do entorno do local social, mellorando así os usos tanto das instalacións como do recinto. Entre as propostas para a parroquia están tamén a construción de beirarrúas dende o local social ata o polígono de Río do Pozo e no que respecta aos aglomerados de viais, o candidato de TEGA recoñeceu un retraso nos traballos que responde, aclarou, á prioridade que se deu ás obras de saneamento na parroquia.

No mitin celebrado na tarde este domingo no local social do Couto, Blanco estivo acompañado por Sánchez Fojo e pola candidata Sesé Beceiro. Sánchez Fojo asegurou que «vimos coas mans limpas e se un partido político nos quere tratar de corruptos o que ten que facer é ir á fiscalía a denunciar».

Neste senso, Blanco cargou contra a Deputación da Coruña en mans do PP e dixo que «o que queren é ter concellos de clientes e por iso non regulan a concesión das subvencións en base a uns criterios obxectivos e é precisamente por iso polo que nós protestamos».

En materia de investimentos previstos no Couto, Blanco recordou que está pendiente de execución a reforma do vial central da urbanización do Couto, orzamentada en 45.000 euros e avanzou que nos vindeiros catro anos continuará poñéndose en valor o patrimonio do rural, neste caso o Mosteiro de San Martiño, mantendo as colaboracións para a apertura e mellora das instalacións.

O candidato de TEGA tamén referiuse ás propostas do programa do PP e preguntouse que credibilidade ten ese documento cando «en catro anos só presentaron mocións e ningunha proposta para os veciños».

Blanco advirte que entre as iniciativas aparece o cobro por consumo real da auga, algo que leva seis anos aplicándose no municipio, dixo. Propostas como esta «dan conta do descoñecemento do PP de Narón da vida política municipal, a pesares de levar catro anos cobrando como concelleiros»., concluíu.

Feria Creativa

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies