Home / Actualidad / TEGA presenta nunha cea as liñas maestras da súa campaña electoral

TEGA presenta nunha cea as liñas maestras da súa campaña electoral

FERROL360 | Sábado 28 marzo 2015 | 20:59

Unhas cen persoas déronse cita a pasada noite no restaurante Casa Juanito, na Gándara, para escoitar as liñas maestras da campaña electoral que TEGA levará a cabo en Narón. Na convocatoria estiveron presentes o exalcalde Antonio Martínez Aneiros e os exedís Mercedes Piñeiro-primeira concelleira de Sanidade en Narón, no ano 1979-, José Luis Casal e José Luis Suárez, entre outros.

O candidato á alcaldía de Narón, Xosé Manuel Blanco, agradeceu o traballo dos exalcaldes e exedís do partido na localidade subliñando que son esas persoas «as precursoras do que hoxe é Narón, grazas ao seu traballo e esforzo».

Acto seguido, Blanco presentou ás persoas que se incorporan á candidatura do partido, ás que animou a continuar o labor iniciado a comezos da democracia para así consolidar o crecemento e determinar o prometedor futuro que se aveciña para a localidade.

Pola súa banda, osecretario xeral de Terra Galega Gillermo Sánchez Fojo asegurou que «todos nós formamos parte de Narón e debemos seguir apostando polo futuro do concello». Mostrouse convencido de que Blanco revalidará o mandato e será reelixido alcalde.

Unhas cen persoas déronse cita na cea de TEGA deste venres (cedida)

Unhas cen persoas déronse cita na cea de TEGA deste venres (cedida)

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies