Home / Actualidad / Terra Galega aposta por facer de Narón unha cidade activa

Terra Galega aposta por facer de Narón unha cidade activa

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 19:16

A candidatura de Terra Galega aposta por continuar coa iniciativa Narón cidade activa 2015-2020, una proposta da que forman parte outros concellos galegos e que, agardan, permita integrar ao movemento asociativo da cidade, «contando con profesionais sanitarios, do mundo deportivo, educativo e da empresa privada».

O obxectivo desta proposta, recollida no seu programa electoral, e que os veciños teñan «unha vida máis activa, freando así o sedentarismo e prestando especial atención aos colectivos con algunha doenza», tal e coma subliñou o candidato de TEGA, José Manuel Blanco: «Unha das nosas apostas seguirá sendo traballar co movemento asociativo de diferentes áreas e cos profesionais do centro de saúde para facer de Narón unha cidade activa. Para iso poñeremos a disposición dos veciños e veciñas todos os recursos que sexan necesarios cos que conta o concello, principalmente espazos deportivos e de ocio, para organizar diferentes actividades».

Blanco lembrou que o auditorio municipal vén de acoller unha sesión se promoción en bos hábitos nunhas Xornadas de Promoción da Saúde, sinalando que «seguiremos apostando por desenvolver en Narón este tipo de eventos, contando coa participación e a implicación dos veciños e veciñas, que son os destinatarios das políticas impulsadas nas diferentes áreas por Terra Galega».

Publicidad

Banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies