Home / Cultura / Todo listo en Bardaos para as Festas de Santa María e a procesión nocturna do San Pipote

Todo listo en Bardaos para as Festas de Santa María e a procesión nocturna do San Pipote

FERROL360 | Mércores 10 setembro 2014 | 19:24

Conta atrás en Bardaos para o pistoletazo de saída ás Festas de Santa María que comezan este xoves á noite. Sen lugar a dúbidas, un dos puntos álxidos da celebración chegará o sábado coa procesión nocturna do San Pipote, na que a mocidade lle rende tributo á barrica chea de viño.

Este ano a comisión alcanzou un acordo cos toldeiros para que as consumicións «vaian a prezos máis económicos» e tamén decidiron prescindir das grandes orquestras-espectáculo para que a festa volva ser o que foi nas súas orixes: un encontro para pasalo ben sen aglomeracións nin multitudes. Iso si, calquera que se achegue será recibido cos brazos abertos coma se fose un máis da parroquia.

A festa arranca este xoves no local social con música e a estrea do «case sempre surrealista e sempre hilarante video promocional da festa». A música comezará ás 23:00 horas e os grupos convidados son Muxarega e Alabama.

O venres, día xa propiamente do patrón, haberá misa ás 13:30 horas e sesión vermú coa orquestra Palladium. Esta formación repetirá a partir das 23:30 horas na verbena acompañada de Tekila. Como novidade, en vez de alboradas con gaiteiros a comisión decidiu trasladar á tarde o percorrido musical pola parroquia.

O programa do sábado é máis intenso: misa ás 13:30 horas e función con Alarma; Olimpiadas Parroquiais ás 17:30 horas na área recreativa e, a partir das 23:30 horas, festa a tope con Alarma e Triunfo.

O momento solemne da noite producirase cara ás 02:00 da madrugada. Carlos Cobelo subirá ao escenario para pronunciar o pregón perante o San Pipote. A procesión -con participación reservada a veciños ou persoas que colaboran coa festa- desenvolverase entre fachos e coa posta en escena propia de calquera celebración devota.

Bardaos 2014

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies