Home / Cultura / «Hubo», un espectáculo poético para toda a familia chega este domingo ao Torrente Ballester

«Hubo», un espectáculo poético para toda a familia chega este domingo ao Torrente Ballester

FERROL360 | Sábado 1 febreiro 2020 | 12:44

A programación cultural do Concello de Ferrol para este fin de semana trae ao centro cultural Torrente Ballester «Hubo», un espectáculo poético apto para toda a familia.

O espectáculo teatral dará comezo ás 18:30 horas e trata sobre o amor, a perda, a soidade, a memoria e o arraigamento.

Trátase dunha obra poética dirixida ao público familiar a partir dos sete anos que desde a beleza mostra a historia do naufraxio dunha muller que se resiste a abandonar o seu mundo, reducido xa a unha illa de pedra.

A través dunhas telas, unha casa, as mans dos actores e o seu corazón, os espectadores mergullaranse na historia da protagonista.

A actuación, unha producción de El Patio Teatro, terá lugar o domingo ás 18:30 horas. As entradas custan 4 euros e xa poden adquirirse no despacho de billetes do teatro Jofre.

O horario de atención ao público é de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Os sábados, domingos e festivos de función, abrirá pola mañá de 11:00 a 13:00 horas e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies