Home / Eume / As Pontes / Trastoy 3, Tres Pontes e Hotel Pontes do Eume, gañadores do VI Certame de Tapas Saborea As Pontes

Trastoy 3, Tres Pontes e Hotel Pontes do Eume, gañadores do VI Certame de Tapas Saborea As Pontes

FERROL360 | Sábado 25 outubro 2014 | 11:52

O café bar Trastoy 3, Hotel Pontes do Eume e Cafetería Tres Pontes son os gañadores do VI Certame de Tapas Saborea As Pontes que organiza o Concello de As Pontes. O alcalde do municipio, Valentín Formoso, e a edil de Industria Montserrat García presidiron a entrega de premios na que tamén se proclamou ao Marbella coma gañador do I Certame de Cócteles e Combinados.

Na categoría de tapa máis popular, escollida polo público, o premio recaeu no pincho Springfield, presentado por Trastoy 3, e composto por unha tosta con cogumelos, carne ibérica e un especial toque de cor e sabor. Logrou o apoio de máis do 11 % das 1.057 papeletas válidas cubertas polo público que, durante dez días, percorreu a trintena de locais participantes.

O café bar Tres Pontes fíxose co premio outorgado polo xurado da man do seu Solombo ao estilo da casa. Asimesmo, este ano outorgouse un premio especial concedido polo cociñeiro Yayo Daporta e que foi para a tapa Sorpresa do Toño presentada polo Hotel Pontes do Eume, e que ten como base unhas berenxenas con melaza de cana e quinoa.

Este ano repartíronse un total de 27.155 tapas, 6.500 máis que en 2013, cifras que calificaba a edil de Industria como un éxito rotundo. García animou aos presentes a continuar nesta liña de traballo para lograr un gran impulso para a economía local e para o sector da restauración e hostalería en particular.

Premios I Concurso de Cócteles e Combinados

As Pontes tamén entregou o premio do I Concurso de Cócteles e Combinados que recaeu no O Gin de Mora do bar O Marbella. Este concurso pretende impulsar o mundo da hostalería nocturna e contou coa participación unha ducia de establecementos.

O funcionamento é semellante ao do concurso de tapas, xa que cada cliente tiña que cubrir un boleto con catro selos doutros tantos locais participantes e emitir o voto polo seu combinado favorito. Neste caso, contabilizáronse un total de 71 papeletas válidas, sendo O Marbella o local con maior respaldo do público co 29% dos votos.

Entrega dos premios de tapas e cócteles en As Pontes (foto: Concello de As Pontes)

Entrega dos premios de tapas e cócteles en As Pontes (foto: Concello de As Pontes)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies