Home / Ferrol / Cedeira / Tres días de troula en Cedeira para festexar o Samaín

Tres días de troula en Cedeira para festexar o Samaín

FERROL360 | Venres 1 novembro 2019 | 11:01

O Concello de Cedeira programou un completo programa de actividades para celebrar o Samaín. Desde este venres e ata o domingo haberá distintas propostas para o público miúdo e tamén para os adultos con música, obradoiros, Casa do Terror, desfile de pantasmas e gastronomía.

Este venres haberá un obradoiro de zonchos e outro de pintura, ás 17.00 horas. Xa ás 19.00 horas será a quenda da representación da obra Dona Barriga Verde a cargo de Larraiz Urrutzola. Ámbas as dúas citas serán no paseo da Mariña.

O sábado as actividades darán comezo ás 17.00 horas para despois prolongarse ata máis alá das 20.30 horas. Neste intervalo de tempo terá lugar o acto de presentación das cabazas para o concurso, desde as 17.00 ata as 19.30 horas. Tamén para as 17.00 horas está prevista a saída da xincana infantil.

Media hora máis tarde será a queda do obradoiro de maquillaxe, da merenda de outono con requeixo e mel máis bola de azucre e Casa do Terror. Xa ás 20.00 horas se procederá á entrega dos premios e a continuación o Desfile das Pantasmas pola zona vella.

As persoas interesadas en tomar parte tanto na xincana infantil, organizada por Aventureros en Galicia, como na Casa do Terror, para nenas e nenos ata 15 anos de idade, terán que inscribirse en horario de 12.30 a 14.00 e de 16.00 a 16.30 horas nos toldos situados no paseo da Mariña.

A programación do Samaín rematará o domingo coa presentación do libro Viaxe ao Alén de Obdulia Dopico, que será ás 13.00 horas no Palacete municipal e no que intervirán a concelleira de Cultura, Ermitas García e o historiador e docente, Carlos Breixo, entre outras persoas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies