Home / Cultura / Tres xornadas de festa para conmemorar o Día de Narón

Tres xornadas de festa para conmemorar o Día de Narón

REBECA COLLADO | Narón | Xoves 12 novembro 2015 | 16:00

O Concello de Narón celebrará por todo o alto o seu día grande. A Gala do Deporte, unha andaina, feira de produtos ecolóxicos e artesáns, exposicións, música, obradoiros para nenos e un magosto compoñen o programa de actos organizado para conmemorar o 23 de novembro, Día de Narón.

O pistoletazo de saída á festa será o venres 20 de novembro coa celebración da XXVII Gala do Deporte. Un acto que terá lugar no Pazo da Cultura, ás 21:00 horas, no que entregaranse os premios ós mellores deportistas de Narón. O edil de Deportes, Román Romero mostrouse convencido de que «será un éxito e encheremos o Pazo».

Para a fin de semana do 21 e 22 de novembro hai programada unha Feira de produtos ecolóxicos e artesáns. A concelleira de Festas, Mar Gómez, confirmou a presenza de 25 postos, que se ubicarán nunha carpa na praza de Galicia. O horario desta feira será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

O domingo 22 será o momento de calzarse as zapatillas e mover un pouco as pernas. E é que a concellería de Deportes ten preparada unha andaina que partirá do pavillón polideportivo da Gándara e percorrerá as zonas da Gándara e Xuvia. A actividade comezará ás 10:00 horas e está aberta a todo os veciños.

Día de Narón

Xa o día grande, o luns 23 de novembro, celebrarase a xornada festiva con multitude de actividades para todos os gustos e idades. Así, a praza de Galicia acollerá todos os actos e a programación arrancará ás 11:00 horas, coa inauguración da exposición dos traballos que realizan as diferentes entidades do municipio.

Para ir abrindo boca, a partir das 12:00 horas haberá unha degustación de produtos da zona e a música, que nunca pode faltar, correrá a cargo da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón. Tamén haberá sesión vermú. Os máis pequenos contarán con inchables e obradoiros ao longo de todo o día.

Xa ás 17:00 horas terá lugar un magosto con liscos e castañas. Gómez animou a todos os veciños a celebrar esta data tan especial e a participar nos actos programados.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies