Home / Eume / Cabanas / Troco, segunda man e productos caseiros, este domingo en Cabanas

Troco, segunda man e productos caseiros, este domingo en Cabanas

O Rastrillo Vecinal de Cabanas o ano pasado (foto: SAM)

O Rastrillo Vecinal de Cabanas o ano pasado (foto: SAM)

MARTA CORRAL | Mércores 7 agosto 2013 | 15:10

Dun tempo a esta parte, comezan a profilerar todo tipo de feiras de artesanía pola nosa comarca, ben sexa porque “a necesidade agudiza o enxeño” ou porque a creatividade está a florecer máis ca nunca.

Os veciños de Cabanas souberon canalizar estes dous factores no seu Rastrillo Veciñal. Logo dunha exitosa edición o ano pasado, volven á rúa este domingo día 11 con roupa de segunda man, artesanía, productos “da casa” ou da horta, gastronomía caseira, mobles e calquera cousa que se poida vender ou trocar.

Este II Rastrillo Veciñal está organizado polos veciños coa colaboración do Concello de Cabanas e busca “que aquelas persoas interesadas en participar poidan ter unha forma de gañar uns ingresos extra e favorecer e facilitar un espazo onde os veciños poidan atopar produtos que non son habituais nos mercados máis tradicionais”.

A cita deste vindeiro domingo terá lugar dende as 09:00 ata as 21:00 horas no paseo da praia da Madalena e está enfocado a todas aquelas persoas, asociacións ou sociedades que non se adiquen á venda profesional.

Para poder participar cómpre incribirse con antelación no enderezo electrónico rastrillocabanas@hotmail.es, no teléfono 696456477 ou na cafetería Yellow no mesmo paseo da praia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies