FERROL360 | Domingo 21 decembro 2014 | 17:11
Este luns é o último día para inscribirse nos obradoiros de Nadal do Concello de Fene. A administración local decidiu ampliar o prazo ata o 22 de decembro, de xeito que os interesaddos en participar neste programa poden inscribirse no pavillón polideportivo da Xunqueira, en horario de 8:30 a 15:00 horas.
As actividades ofertadas son Bodypainting e maquillaxe de cine, deportes de raqueta, patinaxe, Scrap de Nadal, danzas urbanas e acrobacia e xogos acuáticos en familia. A maiores, habilitarase unha Ludoteca de Nadal dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos que contará con actividades deportivas e creativas: xinkanas, xogos, manualidades, cociña creativa, cantabaila e arte.
Todas as actividades celebraranse os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, en horario
de mañá no pavillón da Xunqueira. Os prezos oscilan entre os 6,5 e os 12,5 euros, agás os xogos acuáticos que ademais levaranse a cabo na piscina municipal de Centieiras. As prazas son limitadas.