Home / Cultura / Últimas entradas para ver o espectáculo de Goyo Jiménez en Ferrol

Últimas entradas para ver o espectáculo de Goyo Jiménez en Ferrol

FERROL360 | Xoves 26 setembro 2013 | 19:13

O teatro Jofre fai reconto do seu aforo para acoller En verdad os digo, o novo show inédito en televisión e internet do humorista Goyo Jiménez.

A falta de tres días para a representación, só quedan seis entradas dispoñibles que se poden adquirir no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web do consistorio ferrolán.

O monologuista inaugurará así o novo ciclo de monólogos que o Concello de Ferrol ten preparado ata o mes de decembro.

Considerado polo público e a crítica como un dos mellores cómicos do país, fará rir aos asistentes coa súa peculiar e irónica visión da realidade. En verdad os digo tenta ser un reflexo do engano constante que invade á nosa sociedade onde o actor reflexiona arredor da mentira, da fraude e de como chegar a atopar certeiras respostas.

Este domingo, ás 20:00 horas, as risas están aseguradas no Teatro Jofre.

Vindeiros monólogos

Berto Romero e Leo Harlem con Dani de la Cámara visitarán a cidade naval os días 13 de outubro e 1 de decembro respectivamente.

O humorista Goyo Jiménez actuará este domingo no teatro Jofre

O humorista Goyo Jiménez actuará este domingo no teatro Jofre

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies