FERROL360 | Mércores 27 agosto 2014 | 11:27
Ver as modificacións da fauna e flora ao longo das estacións do ano é a finalidade que perseguen as saídas gratuitas que organiza a Sociedade Galega de Historia Natural pola Ruta dos Muíños de Esmelle. Trátase dunha ruta de catro quilómetros de percorrido e de dificultade baixa
Para poder ver estas modificacións os asistentes utilizarán guías de campo. A data da saída é o 30 de agosto ás 10:00 horas desde o local da Asociación de Veciños de Esmelle e finalizará aproximadamente ás 13:00 horas. Pode participar calquer persoa interesada.
Para participar nas rutas hai que apuntarse a través do correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos seguintes teléfonos 881.93.13.15 e 698.141.384, en horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas. É preciso inscribirse antes do 28 de agosto polo seguro da saída.