Home / Eume / Cabanas / Últimos días para anotarse ás actividades culturais e deportivas do Concello de Cabanas

Últimos días para anotarse ás actividades culturais e deportivas do Concello de Cabanas

FERROL360 | Luns 16 setembro 2019 | 9:30

O mércores 18 de setembro finalizará o prazo para inscribirse nas actividades culturais, recreativas e deportivas que oferta o Concello de Cabanas para este curso 2019-2020. Hai completo programa de propostas que abregue desde os máis peques e ata os maiores.

Para os máis pequenos da casa ofrécese predeporte, multideporte, atletismo, psicomotricidade, xadrez, xudo, inglés, baile moderno e hip hop, pádel, patinaxe, manualidades e teatro. Por outra banda, os adultos poden elixir entre corte e confección, bolillos, pilates, pintura, inglés, ximnasia pélvica, ioaga, tai chi, baile de salón, tenis, zumba, patinaxe e pádel.

Xa por último, na Escola de Música ofrécese iniciación á música, linguaxe musical e harmonía, piano, guitarra, violonchelo e coro.

Desde o Concello infórmase ademais de que existen diferentes bonificacións, tanto para as persoas empadroadas no concello como para os membros de familias numerosas, membros de unidades familiares con ingresos per cápita por baixo do IPREM ou se participan 3 ou máis membros dunha mesma familia.

As actividades comezarán o vindeiro 1 de outubro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies