Home / Sociedad / Naturaleza / Últimos días para anotarse na andaina nocturna teatral «Ata as Fillas Bravas» en Valdoviño

Últimos días para anotarse na andaina nocturna teatral «Ata as Fillas Bravas» en Valdoviño

FERROL360 | Martes 17 xullo 2018 | 9:12

Últimos días para inscribirse na andaina nocturna teatral «Ata as Fillas Bravas», que organiza o Concello de Valdoviño para este domingo 22 de xullo. Unha actividade que se inclúe no programa municipal Escenarios Paralelos.

As persoas interesadas en participar deben anotarse no teléfono 981 48 76 66, en persoa na Casa da Cultura ou enviar un correo electrónico a cultura@concellodevaldovino.com.

A ruta comezará no parque da praia da Frouxeira ás 20:00 horas e rematará no adro da igrexa de San Bartolo unha hora máis tarde. Unha vez finalizada a andaina a compañía Chévere Teatro porá en escea a súa obra «Ata as Fillas Bravas».

A peza teatral trata a historia de tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeran os seus pais, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir detrás da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Para acudir ao espectáculo non hai que inscribirse.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*