Home / Eume / Cabanas / Últimos días para anotarse na ruta de sendeirismo ao Marco do Salto en Cabanas

Últimos días para anotarse na ruta de sendeirismo ao Marco do Salto en Cabanas

FERROL360 | Mércores 24 xaneiro 2018 | 10:41

Este venres rematará o prazo de inscrición para participar na primeira das andainas programadas polo Concello de Cabanas para este ano. A cita será este sábado 27 de xaneiro, ás 10.00 horas, con saída da casa consistorial, paso polo Marco do Salto e regreso ás dependencias municipais.

Trátase dunha ruta de algo máis de nove quilómetros e unha duración estimada de case tres horas. Para participar é preciso inscribirse previamente na Concellería de Deportes, na pranta baixa da consistorial, no correo electrónico: cultura@cabanas.gal ou teléfono 981 49 59 59 ext.3.

O percorrido circular ofrece algunhas das mellores panorámicas sobre as rías e a zona costeira de Cabanas. A ruta descubre xoias arquitectónicas como a igrexa parroquial de San Andrés, do século XVIII, ou a Casa Palacio, ou monumentos megalíticos como o Marco do Salto. As persoas que participen deberán levar calzado cómodo e con boa suxeición.

O goberno local retoma así o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o patrimonio natural do municipio a veciños e visitantes. As camiñatas terán lugar os últimos sábados de cada mes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies