Home / Deportes / Atletismo / Carreras populares / Últimos días para apuntarse á carreira ‘Volta ás Forcadas’ de Valdoviño

Últimos días para apuntarse á carreira ‘Volta ás Forcadas’ de Valdoviño

FERROL360 | Venres 1 xuño 2018 | 18:34

Descubrir ou redescubrir un entorno único de Valdoviño como é a paisaxe que envolve ó encoro das Forcadas e, ó mesmo tempo, practicar deporte e favorecer hábitos saudables é a proposta que fai a Concellería de Deportes a nenos e maiores o vindeiro 10 de xuño.

Ese domingo celebrarase a III Volta ás Forcadas. Unha cita deportiva incluída no calendario do terceiro Circuíto Corre polo Norte que o Concello de Valdoviño impulsa xunto ós municipios veciños de Ortigueira, Cedeira, Cariño, Cerdido, Mañón e Moeche.

A inscrición para participar está aberta nesta plataforma e o prazo pecharase o 8 de xuño. A participación dos menores é gratuíta e a cuota para as categorías sénior e veteranos está establecida en catro euros.

A III Volta ás Forcadas dará comezo ás 11.00 horas e punto de partida en Loira. Nela poderán participar nenos e maiores e, segundo a idade, estas son as categorías, con distancias adaptadas a estas: Pitufos; Benxamín; Alevín; Infantil; Cadete; Sénior e Veteranos.

Así mesmo, a modo de andaina está aberta a todas as idades.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies