Home / Sociedad / Tendencias / Gastronomía / Últimos días para degustar as propostas do Concurso de Tapas de Entroido de Narón

Últimos días para degustar as propostas do Concurso de Tapas de Entroido de Narón

FERROL360 | Martes 9 febreiro 2016 | 19:47

Última chamada para os rezagados e para aqueles que non completaron a ruta polos 18 locais participantes no Concurso de Tapas de Entroido de Narón. A cita gastronómica rematará este mércores, así que apurade a degustar aquelas especialidades que aínda non probastes.

Lembrade que os locais de hostalería participantes na convocatoria ofrecen tapas de balde coas consumicións desde as 13.00 ata as 15.30 horas e de 20.00 a 22.30 horas. A vindeira semana se procederá á entrega dos premios concedidos polo xurado tanto para as Tapas de Entroido como para a modalidade de Tapa Creativa e os concedidos por votación popular.

Aquelas persoas que degustaron as diferentes especialidades e emitiron o seu voto nos establecementos concederán, cos puntos das súas valoracións, un premio de 250 euros. O xurado popular repartirá outros catro premios: dous de 400 euros cada un para a mellor Tapa de Entroido e a mellor Tapa Creativa e outros dous por importe de 250 euros para os segundos mellor clasificados.

Os dezaoito establecementos de hostalería recibirán un diploma acreditativo pola súa participación. Así mesmo, tamén haberá agasallos para as persoas que participaron na campaña, degustando e valorando as tapas, xa que se sortearán cinco ceas para dúas persoas entre todos aqueles que cumplimentaron os bonos de Entroido 2016.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies