Home / Ferrol / Narón / Últimos días para inscribirse no obradoiro Coidando á coidadora de Narón

Últimos días para inscribirse no obradoiro Coidando á coidadora de Narón

FERROL360 | Domingo 27 setembro 2015 | 16:53

O vindeiro 30 de setembro finaliza o prazo de inscrición para participar no obradoiro Coidando á coidadora, enmarcado no II Plan de Igualdade do Concello de Narón. Os destinatarios desta iniciativa son homes e mulleres coidadores non profesionais maiores de 18 anos.

As persoas interesadas deben anotarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8.30 a 13.00 horas, presentando a instancia correspondente xunto cunha fotocopia do DNI. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e a concesión das mesmas comunicarase por teléfono.

O obradoiro Coidando á coidadora desenvolverase os venres entre o 2 de outubro e o 18 de decembro, en horario de 18.30 a 20.30 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. As sesións permitirán aos participantes adquirir habilidades básicas e de reforzo psicolóxico para coidadores non profesionais de persoas dependentes.

Entre os obxectivos destes obradoiros están contribuír ao desenvolvemento persoal e benestar das persoas dependentes; mellorar os seus recursos para potenciar o seu autocoidado e aumentar a súa formación e habilidades para poder atender a dependentes.

As clases dividiranse en catro bloques: Estratexias de autocoidado; Estratexias para afrontar situacións difíciles; Emocións e sentimentos e Estratexias para mellorar a comunicación. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext. 1113 e 1115).

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies