Home / Cultura / Últimos días para presentar obras ao Concurso de Pintura Cidade de Narón

Últimos días para presentar obras ao Concurso de Pintura Cidade de Narón

FERROL360 | Martes 7 novembro 2017 | 17:31

O venres 10 de novembro remata o prazo para presentar candidaturas ao IX Concurso de Pintura Cidade de Narón. As personas interesadas en participar deben entregar as súas obras no Pazo da Cultura en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas xunta coa ficha de inscrición, que se pode descargar da páxina web do Padroado e do Concello.

O certame repartirá un total de 2.850 euros en premios nesta novena edición. Os participantes dispoñen de dúas categorías, unha de adultos (a partir de 16 anos) e outra infantil (ata 15 anos), se ben esta última non optará aos premios en metálico da convocatoria.

As bases estipulan que cada autor só pode presentar unha obra, que debe ser orixinal e con temática e estilo libres. Un xurado encargarase de valoralas, para conceder tres premios de 1.500, 750 e 400 euros ás tres mellores, respectivamente, e outro dotado con 200 euros, o Premio Especial Francisco Criado, que se convoca en recordo dun pintor xa falecido e veciño da parroquia naronesa de San Xiao.

As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e todas as finalistas permanecerán expostas do 13 ao 23 de novembro no Pazo da Cultura. Este último día, coincidindo co Día de Narón, entregaranse os premios nun acto que se celebrará ás 20.00 horas no Pazo.

No transcurso do mesmo tamén se dará un detalle participativo a todas as persoas que se presenten ao certame, tal e como se indicou desde o Padroado da Cultura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies