FERROL360 | Martes 22 xullo 2014 | 17:11
As asociacións, entidades e clubs deportivos de Narón interesados en acadar unha subvención municipal aínda están a tempo de presentar a súa solicitude. O vindeiro 29 de xullo remata o prazo, así que o tempo xa corre en contra.
Os interesados poden retirar as súas solicitudes nas oficinas do Servizo de Deportes, situado no complexo polideportivo municipal de A Gándara, en horario de 09:00 a 13:00 horas. Unha vez cubertas, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de presentación das instancias é de 30 días naturais a partires do pasado luns.
As solicitudes tamén poderán atoparse aquí e os interesados só teñen que cubrila e imprimila para a súa presentación no Rexistro Xeral do Concello nos prazos sinalados anteriormente.
A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, destina un total de 30.000 euros a esta convocatoria.