FERROL360 | Xoves 21 abril 2016 | 9:58
Última cita co Festival do Monólogo Teatral Singular, unha iniciativa organizada polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora Eme2.
O peche virá a cargo do humorista Riki López, quen interpretará este venres o monólogo Me tengo contento.
Cancións cargadas de autocrítica e o humor máis xenuino van da man neste número que persegue a complicidade co público.
O espectáculo comezará ás 20:30 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do pazo naronés a prezos que van dos 6,65 aos 9,50 euros.