Home / Cultura / Un libro recolle as mellores receitas de repostería da panadería das Cotolidas de Neda

Un libro recolle as mellores receitas de repostería da panadería das Cotolidas de Neda

FERROL360 | Martes 30 setembro 2014 | 13:54

Manuela Luaces, da panadería das Cotolidas de Neda, desvela as súas mellores receitas de repostería nun libro que leva por título Tradición repostera. Recetas caseras de Manuela Luaces. A Casa da Cultura de Neda acolle este sábado ás 19:00 horas o acto de presentación do mesmo.

A publicación nace da paixón pola cociña de Manuela Luaces, que durante anos traballou no negocio familiar, A Panadería de Juan Luaces, coñecida por todos como a das Cotolidas. Hai un tempo, esta artesá panadeira decidiu prexubilarse e, con ela, botou o peche o establecemento.

Agora, e animada pola súa filla, Rosa María Losada Luaces, decide compartir con todo o mundo as súas mellores receitas de repostería. Propias e dunha sinxeleza que, segundo explica, incluso os nenos poden facelas. Bizcoitos, brazos de xitano, bolas de mazá, roscón de queixo…

Así ata 45 receitas, presentadas todas elas cos ingredientes exactos, co proceso de elaboración paso a paso, o tempo, a temperatura do forno ou o número de comensais que poderán gozar do resultado. Resultado que tamén se pode apreciar a través de imaxes fotográficas a toda cor.

A publicación, da que se editaron uns 300 exemplares, está xa á venda ao prezo de 12 euros nos locais das asociacións de veciños.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies