Home / Cultura / Un mar de muiñeiras con máis de 600 estudantes desembarca en Navantia

Un mar de muiñeiras con máis de 600 estudantes desembarca en Navantia

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 14:09

A tradición naval da nosa comarca e o baile galego irmándanse nunha acción educativa na que participaron máis de 600 estudantes nos estaleiros de Navantia Ferrol. Un mar de muiñeiras ten como obxectivo reivindicar a danza galega na escola, ao tempo, que tamén busca homenaxear as Letras Galegas deste ano, adicadas ao mestre da etnografía galega Antón Fraguas.

Un total de 660 escolares de 22 centros educativos da comarca bailaron unha muiñeira o pasado 10 de mai no interior das instalacións navais, acompañados da música en directo de A Banda das Crechas.

Un acto organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol, a través do seu Grupo de Traballo de Danza Tradicional, que nos últimos dez anos ten traballado co alumnado dos centros educativos para incluír a danza tradicional de Galicia no currículo escolar.

José Antonio Sordo, asesor do Centro, explica que «este proxecto é unha posta en práctica dos contidos desenvoltos nos últimos anos sobre o baile tradicional por un amplio grupo de profesorado da nosa zona e busca por en valor o baile tradicional como patrimonio inmaterial».

Esta iniciativa quere dar continuidade á gravación da canción Chea de Vida que realizou Gaudi Galego en 2017 e que congregou a preto 1.000 escolares no mesmo escenario.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*